Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor nos centros educativos de Coles e Cenlle o oficio tradicional da elaboración de zocos no marco do proxecto ‘Artesanía na Escola’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe estes dous centros educativos para presentar este programa de divulgación dos oficios artesanais
A Xunta reforza o seu compromiso coa seguridade e saúde laboral nunha nova xornada preventiva para traballadores autónomos e pemes
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Padrón nunha nova xornada sobre prevención de riscos laborais
A Xunta salienta a importancia da colaboración público-privada para fortalecer o comercio local e dinamizar a economía de proximidade
José González incidiu na necesidade de que comerciantes, administracións e a propia cidadanía sigan traballando en equipo a prol dun eido estratéxico para a vertebración do territorio, a fixación de poboación e o desenvolvemento económico e social
A Xunta leva ao alumnado do CEIP Plurilingüe Os Casais de Fene o seu proxecto educativo ‘Artesanía na escola’ da man da zoqueira Elena Ferro
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe este centro educativo no marco dunha nova xornada da unidade didáctica Eu son zoqueira
A Xunta pon en valor o compromiso do obradoiro Logaro co futuro da artesanía téxtil e a preservación das materias primas autóctonas galegas
José González puxo en valor que a creadora, que nos últimos anos está volcada fundamentalmente no eido do deseño, recolle o legado de diversas técnicas téxtiles, algunhas en desuso, cunha gran aposta pola creatividade e a vangarda
A Xunta impulsa a formación e a divulgación dos oficios artesanais no encontro corazón da artesanía de Agolada
A Fundación Artesanía de Galicia convoca sete cursos centrados na estampaxe manual, na pasamanería, no coiro, na decoración de olería, na elaboración dun tapiz con redes de pesca e no debuxo
A Xunta reforza a aposta pola atracción de talento mozo e a remuda xeracional na artesanía no marco do Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030
José González destacou o carácter pioneiro da formación integral impartida polo artesán Félix Pérez -da marca Félix de Martín-, que é a primeira en Galicia e a única a nivel institucional realizada en España grazas á Fundación Artesanía de Galicia