Actualidade
Buscador de novas
As entidades galegas logran captar 24,3 M€ en tres convocatorias estatais de I+D+i empresarial
Trátase das liñas Cervera, dirixida a centros tecnolóxicos; Misións Ciencia e Innovación, para empresas, e Neotec, para novas firmas innovadoras
A Xunta aborda coa confederación de Anpas da concertada as novas axudas ás familias para o comedor escolar
Estímase que esta nova liña beneficie a preto de 20.000 alumnos de Infantil e Primaria de comedores xestionados por estes centros, as Anpas ou os concellos
A Xunta destaca que a feira FormaTea de Ponteareas mellora a orientación académica e profesional do alumnado
A directora xeral de FP e o delegado da Xunta en Pontevedra participan na primeira xornada desta cita á que acoden medio millar de estudantes
A Xunta e a Fegamp asinan o acordo para poñer en marcha este ano a Rede de Concellos contra o Acoso Escolar, un avance decisivo na loita contra esta lacra
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP asina co presidente da Fegamp a constitución desta iniciativa para coordinar recursos e accións
Belén do Campo preside a Comisión Territorial de Coordinación na que se realizou un seguimento das actuacións do Goberno galego na provincia
No encontro realizouse un balance dos dous primeiros meses do ano e analizáronse os ámbitos nos que se produciron avances máis significativos na provincia, especialmente en materia de vivenda, desenvolvemento de solo empresarial e investimentos en educación
A Xunta formou sobre clima e coidado medioambiental a máis de 14.000 estudantes de Educación Primaria e Secundaria durante o curso 2024/2025
Ángeles Vázquez felicita aos escolares e docentes participantes polo seu esforzo e compromiso neste eido e subliña a importancia de implicar ás novas xeracións nos retos do quecemento global para avanzar cara a unha Galicia neutra en emisións
Máis de 6.500 alumnos de Bacharelato realizan as probas de competencia dixital
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, supervisa o desenvolvemento das mesmas no Instituto Eduardo Pondal de Santiago
A Xunta convocará un concurso de méritos para renovar a dirección de 146 centros educativos
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, presenta á Mesa Sectorial os detalles da convocatoria
Rueda anuncia a aprobación do decreto de Formación Profesional para renovar estas ensinanzas e aliñalas co tecido produtivo galego, impulsando a investigación e a innovación
Salienta como unha das principais novidades a creación da figura do persoal asociado e investigador, semellante ao existente na universidade