Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.522 novas da área temática Educación:

21/10/2025 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 75% dos alumnos de Primaria e ESO teñen teléfono móbil e conéctanse ás redes case todos os días, segundo a V Enquisa de convivencia escolar

Tras avaliar onte os primeiros resultados no Consello da Xunta, o conselleiro de Educación dá conta no Consello Galego para a Convivencia Escolar do cuestionario

20/10/2025 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece ao Exército de Terra a cesión de material aeronáutico para o alumnado de FP de Lugo

A directora xeral de FP e o delegado da Xunta en Lugo asisten no CIFP As Mercedes á entrega de dúas turbinas e un rotor de helicóptero

20/10/2025 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 29 actuacións por máis de 4 M€ en 25 centros educativos de Ferrolterra

 A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta deste balance durante unha visita realizada esta mañá ao CEIP Ponte de Xuvia, en Narón

19/10/2025 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa o apoio a grupos e proxectos de investigación ata acadar os 29,7 M€ para que desenvolvan a súa actividade ata o 2029

A Consellería de Ciencia amplía con 500.000 euros a convocatoria deste ano para apoiar cinco novos proxectos, chegando a reforzar o traballo científico de 142 grupos

18/10/2025 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia para 2026 o inicio da construción do primeiro instituto do Pereiro de Aguiar

O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, explica que o proxecto básico xa está redactado e supervisado

17/10/2025 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o CITEEC como exemplo de excelencia científica e reafirma o compromiso da Xunta coa investigación galega

A Xunta recoñeceu ao CITEEC da UDC como Centro de Investigación Colaborativo da Rede CIGUS, o que supón un apoio económico superior aos 1,2 millóns de euros ata 2027 para I+D+i e equipamento científico

17/10/2025 | 12:31 | C. de Sanidade

Belén do Campo agradece a implicación das nais e pais no proxecto da vacinación infantil no que participaron máis de 260 nenos do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Ordes

A delegada da Xunta visitou este centro educativo para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira que comezou o 13 de outubro e rematará o 23 de outubro na provincia e na que participaron 8 centros educativos da cidade e da área de Compostela

17/10/2025 | 11:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse nos primeiros exames Celga en liña

Galicia será a primeira comunidade con lingua cooficial en poñelos en marcha de xeito telemático

16/10/2025 | 16:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o éxito das novas FP para colectivos vulnerables e adultos que se estrean en Vigo

O conselleiro visita o Centro Público de Educación de Persoas Adultas no Berbés, onde subliña a aposta da Xunta por unha FP “á carta” que dea cabida a todos

16/10/2025 | 16:11 | Axencia de Turismo de Galicia

O CEIP de Begonte presenta unha unidade didáctica sobre o Belén elaborada por profesorado do centro

Está editada en galego e castelán e todos os centros educativos interesados terán acceso gratuíto a ela