Actualidade
Buscador de novas
A Xunta actualizará os currículos educativos e traballará coas empresas tecnolóxicas para blindar un uso seguro e responsable das ferramentas dixitais
Román Rodríguez subliña a importancia desta folla de ruta para garantir o benestar emocional na infancia e na adolescencia e fortalecer a convivencia nas aulas
Xunta e Gestán presentan ao alumnado de Innovatech FP un reto para a valorización de residuos
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita as instalacións da empresa en Arteixo cun grupo de estudantes de centros de toda Galicia
Galicia entra na carreira do deseño de procesadores cuánticos grazas ao novo laboratorio CESGA-IGFAE
Cun investimento de 2,2 M€, desenvolverase un laboratorio cuántico compartido especializado en tecnoloxías cuánticas aplicadas á física de partículas e nuclear
As familias galegas poderán solicitar praza escolar para os seus fillos o vindeiro curso entre o 1 e o 20 de marzo
Este período rexe para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
A Xunta e a Fundación Alcohol y Sociedad renovan a súa colaboración para o desenvolvemento do programa ‘Menores, nin unha pinga’
O obxectivo é previr o consumo de alcol entre os máis novos, con charlas dirixidas a alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria
Rueda anuncia que a Xunta aproba o Plan integral de benestar dixital, que inclúe un Contrato de vida en liña para fomentar a responsabilidade e a desconexión do alumnado
O Consello da Xunta valida esta folla de ruta que inclúe medio cento de accións para xestionar de forma axeitada o uso das tecnoloxías no eido educativo
A Xunta renova e amplía a biblioteca escolar do CIP Cova Terreña de Baiona
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron na inauguración da nova dotación
Máis de 700 colexios e institutos participan este curso nas 40 iniciativas educativas do Plan Proxecta+
Esta iniciativa, que aglutina os programas didácticos desenvolvidos desde as diferentes consellerías da Xunta, suma máis de 178.000 alumnos e 8.000 docentes
A segunda edición da FP Acelerada arranca este mes con preto de 200 solicitudes, o que eleva a 351 as persoas que optan por esta vía formativa este curso
Todas elas poderán mellorar a súa cualificación a través desta iniciativa pioneira en España que o Goberno galego impulsa este ano de xeito novidoso
Román Rodríguez presenta o proxecto de cambio de cuberta do Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro, no que a Xunta inviste case 700.000 €
Na capital de Galicia tamén se vén de licitar a ampliación do IES Lamas de Abade, cun orzamento de 1,4 M€, elevando a máis de 12 M€ o investimento en obras na cidade