Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.179 novas:

17/07/2026 | 18:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/07/2026 | 18:09 | C. de Sanidade

O novo centro de saúde de Moaña realizou máis de 17.500 actos asistenciais no seu primeiro mes de funcionamento

Neste mes realizáronse un total de 17.158 consultas programadas, entre as que destacan as 8.432 de medicina de familia, 5.598 de enfermería, 912 de fisioterapia, 866 de pediatría e 314 coa matrona

17/07/2026 | 18:07 | C. do Mar

A Xunta adianta e unifica a veda do choco nas Rías Baixas para blindar a reprodución da especie

A Consellería do Mar harmoniza o inicio do paro biolóxico o vindeiro 20 de xullo nas rías de Arousa,  Pontevedra e Vigo tras constatar nos informes técnicos un incremento no número de xuvenís

17/07/2026 | 18:02 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora dos viais municipais de Esmoriz nunha visita a Arbo

Os traballos permitiron acondicionar tres camiños municipais cunha lonxitude total de 619 metros, mellorando a seguridade e a mobilidade da veciñanza

17/07/2026 | 17:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a Estratexia galega de captación de talento en beneficio do emprendemento e o emprego

Apostando pola colaboración público-privada, José González destaca a futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio ou a Galicia Retorna que avoga por atraer os residentes no exterior ao mercado laboral galego, por conta propia ou allea 

17/07/2026 | 17:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso co concello de Xermade en favor da recuperación e posta en valor do oficio da tornería de madeira

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participaron hoxe na inauguración do Centro Internacional de Tornería A Reitoral

17/07/2026 | 17:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca en Vigo a última licitación de obras das máis de 900 vivendas de promoción pública en Navia

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación para 55 fogares e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 28 de setembro

17/07/2026 | 17:42 |

Medio Rural segue a avanzar na colaboración coas comunidades de montes veciñais para reforzar a prevención de incendios forestais

Para facelo, están a desenvolverse diversas accións formativas dirixidas a estes axentes, e nas que ten participado o director xeral de Defensa do Monte, co fin de trasladarlles a importancia da súa implicación fronte ao lume

17/07/2026 | 17:24 | Axencia de Turismo de Galicia

O comisario do Xacobeo sitúa a participación social como un dos piares do Xacobeo 2027 ante representantes de 20 países

Salientou o Plan Director de Patrocinios e O Teu Xacobeo como iniciativas que proxectarán esta celebración por toda a comunidade