Actualidade
Buscador de novas
A Xunta consolídase como referente internacional na certificación forestal dos servizos que aporta o monte para mellorar os ecosistemas
A organización mundial PEFC, dedicada á certificación forestal, toma como referencia as axudas da Consellería do Medio Rural para incentivar os compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos como vía para ampliar o seu labor certificador
A Xunta construirá unha nova estación depuradora para dar servizo aos concellos de Cee e Corcubión, cun investimento total de case 14 millóns de euros
Ángeles Vázquez explica que a futura infraestrutura hidráulica se construirá nunha parcela localizada fronte á EDAR actual, unha decisión que garante que durante a execución da intervención as instalacións vellas poidan seguir en funcionamento
A Xunta lamenta o novo revés para Galicia do Goberno central ao descartar a migración da rede ferroviaria a ancho internacional e novamente “sen informar nin diálogo”
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo advirte de que esta decisión consolida o monopolio de Renfe, dificultando a competencia e que a cidadanía poida desfrutar das vantaxes da liberalización ferroviaria como máis servizos e prezos máis baratos, ao igual que ocorre noutros territorios
A Xunta renova o seu apoio ás mulleres emprendedoras cunha nova convocatoria do programa Emega
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a unha das beneficiarias deste programa autonómico destinado a fomentar o emprendemento feminino
Belén do Campo comproba as obras de mellora da cuberta no IES de Oroso que contan cun investimento de case 50.000 €
A delegada da Xunta visitou o IES de Oroso, onde a Xunta executa actuacións para mellorar as instalacións e o confort da comunidade educativa dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Martina Aneiros destaca as mesas locais de comercio como ferramentas de comunicación directa co sector
A delegada territorial participou esta mañá na Mesa Local de Comercio de Ortigueira e na entrega de premios da campaña 'Merca no teu Comercio'
Ana Ortiz anima á cidadanía a asistir este sábado á nova xornada cultural no Museo do Mar con música local, deporte acuático e artesanía
Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra apoian o novo evento que se celebrará este 18 de xullo no Museo do Mar en Alcabre
Gómez Caamaño subliña que a campaña de vacinación fronte ao pneumococo e o herpes zóster nas residencias de maiores permitiu administrar xa preto de 7.000 vacinas en 228 centros
Desde o pasado 16 de xuño, a Xunta está a desenvolver unha campaña de vacinación destinada a facilitar a inmunización dos usuarios dos centros sociosanitarios galegos