Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo salienta que a Xunta licitará por máis de 1 M€ a rehabilitación integral do Colexio Manuel Luís Acuña de Ourense
A intervención contempla a renovación total dos 1.205 m² de cuberta, así como o illamento de máis de 1.090 m² do forxado baixo cuberta
Medio Rural segue a avanzar na colaboración coas comunidades de montes veciñais para reforzar a prevención de incendios forestais
Para facelo, están a desenvolverse diversas accións formativas dirixidas a estes axentes, e nas que ten participado o director xeral de Defensa do Monte, co fin de trasladarlles a importancia da súa implicación fronte ao lume
A Xunta inicia en Vimianzo as obras de prolongación da autovía da Costa da Morte, nas que inviste 36 M€
A actuación para ampliar a AG-55 abrangue 5,8 km desde Santa Irena ata a conexión coa estrada AC-532, cun percorrido que transcorre na súa totalidade por Vimianzo
A Xunta pide unha planificación enerxética que saiba anticipar as necesidades industriais para non agardar anos polas conexións e garantir investimentos
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, interveu hoxe nunha mesa redonda na Escola de Verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
A Xunta licita por máis de 680.000 € a subministración de material funxible para a realización de intervencións de uroloxía na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
O expediente tamén inclúe a cesión do equipamento asociado a esta especialidade médica
A Xunta avanza nos trámites para ampliar ata os 347.000 metros cadrados a superficie do polígono empresarial do Corgo
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, e o xerente de Xestur, Diego Toja, explicaron que o Goberno galego prevé aprobar definitivamente en setembro o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para impulsar a actuación
A Xunta reforzará os servizos directos de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante os meses de verán
A partir do luns, 20 de xullo, a liña directa pola AP-9 chega a Portonovo e incorpora novas paradas en Pontevedra