Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.179 novas:

16/07/2026 | 20:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/07/2026 | 19:04 | Axencia de Turismo de Galicia

Marcos Gómez Román destaca que o Xacobeo 2027 contribuirá a afianzar un modelo de crecemento turístico equilibrado, descentralizado e sostible

Defendeu que a marca Galicia Calidade identifica a comunidade coa autenticidade, a excelencia e unha oferta turística con experiencias diferenciadas todo o ano

16/07/2026 | 18:59 | Axencia de Turismo de Galicia

O Bigsound converte Pontevedra no epicentro da música urbana e latina co apoio da Xunta

O Parque de Tafisa acolle os días 17 e 18 de xullo máis de vinte horas de música

16/07/2026 | 18:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe o Festival Castelo conta como “exemplo da dinamización do rural“ a través dunha programación baseada na lingua e a tradición

O representante da Xunta de Galicia agradece a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán nesta iniciativa que ofrece unha programación diversa 

16/07/2026 | 17:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, fai balance do primeiro semestre do ano na Comisión de territorial de coordinación

Na comisión territorial de coordinación, ademais de realizarse un balance do primeiro semestre do ano, tratáronse as actuacións a levar a cabo o día 12 de agosto no que terá lugar o eclipse solar total. Abordouse o tema das incapacidades temporais e a situación actual do Concurso de traslados

16/07/2026 | 17:21 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 328.830 € a adquisición de dous arcos de radioloxía portátiles con destino ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

O novo equipamento posibilitará incorporar técnicas de implantación de dispositivos cardíacos, a realización de procedementos de cardioversión eléctrica ou a colocación de drenaxes e próteses

16/07/2026 | 17:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta defende o aval xudicial á xestión das Fragas do Eume e estudará vías para facilitar a coexistencia dos intereses privados coa protección natural

Marisol Díaz insiste en que varias sentenzas do TSXG emitidas nos últimos meses recoñecen que o Plan reitor de uso e xestión do parque foi froito dun proceso participado e que o Goberno autonómico non ten que compensar aos propietarios