Actualidade
Buscador de novas
ADOS impulsa a formación do estudantado galego a prol dos distintos xeitos de doazón
Entre as iniciativas destinadas a fomentar unha conciencia favorable a este xesto solidario, a Axencia promove un programa de visitas educativas ata as súas instalacións
O seguimento da folga médica na quenda de tarde deste luns acada o 2,62 % en atención hospitalaria e o 4,81 % en atención primaria
No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 4 %
Rueda anuncia o inicio da tramitación da futura Lei de transformación dixital do sistema público de saúde para afondar na ciberseguridade e no uso das tecnoloxías de automatización no diagnóstico
Abrirase un proceso de consulta pública para recibir achegas da sociedade á redacción da norma, que tamén busca loitar contra a fenda dixital
O seguimento na quenda de mañá deste luns da folga médica acada o 21,58 % en atención hospitalaria e o 4,42 % en atención primaria
No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 16,80 %
A ponte festiva fai precisa a colaboración dos galegos e galegas nas campañas de doazón de sangue
A ADOS convida á cidadanía a participar activamente nesta iniciativa na que as unidades móbiles da Axencia visitarán 35 concellos galegos ao longo da presente semana
Galicia participa en Suecia na reunión do Consorcio do Proxecto HERCULES para compartir boas prácticas no eido da innovación sanitaria
Trátase dun proxecto coordinado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), dentro do espazo Interreg Europe, centrado na medicina personalizada que fomenta un envellecemento activo e saudable da poboación
A Xunta licita por preto de 300.000 euros a subministración de reactivos usados principalmente para estudos de compatibilidade en transplantes de órganos para o laboratorio de inmunoloxía de Vigo
A área de histocompatibilidade do laboratorio situado no Hospital Meixoeiro realiza tamén estudos de susceptibilidade de desenvolver patoloxías como celiaquía, artrite reumatoide ou diabetes
O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 2,89 % na sanidade pública galega
No que vai de mes, o paro supuxo a suspensión de052 consultas
Gómez Caamaño destaca o compromiso dos galardoados na primeira edición dos premios Faro por avanzar nun sistema de saúde pública máis forte, innovador e preparado para os retos futuros
Destaca que os galardóns recoñecen o traballo de todos aqueles que contribúen de maneira decisiva á prevención, á promoción de hábitos de vida saudable, á protección da saúde e a mellorar a calidade de vida da cidadanía
O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 3,36 % na sanidade pública galega
No que vai de mes, o paro supuxo a suspensión de052 consultas