Actualidade
Buscador de novas
O conselleiro de Sanidade e o alcalde da Lama abordan as necesidades de reforma do centro de saúde municipal
Os técnicos de obras da Consellería visitarán o equipamento sanitario xunto con responsables do Concello para avaliar o alcance da actuación precisa, como paso previo a determinar o orzamento necesario e os termos de financiamento
A Xunta apoia ao Concello das Pontes con máis de 160.300 euros do Fondo de Compensación Ambiental
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou os investimentos realizados con cargo a esta subvención destinada a tarefas de restauración do espazo natural do entorno do lago, instalación de catro bombas de augas residuais, adquisición de dous vehículos cero emisións e o subministro de accesorios para unha pala retroexcavadora
Rueda e Azcón reafirman a vixencia da Declaración de Santiago en materia de financiamento autonómico e reclaman unha negociación multilateral
Adiantan que se dirixirán ao resto de comunidades autónomas que asinaron este documento en 2021 para renovar o seu compromiso con eses principios
A Xunta destaca o incremento de 1 M€ nas axudas para as entidades veciñais ata acadar este ano os 4 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou hoxe en Ponteareas que, coa nova convocatoria que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia, o Goberno galego dá resposta á elevada demanda e ao éxito da orde nos últimos anos
A Xunta e o Concello de Friol reforzan colaboración a prol da xeración de riqueza e emprego co foco posto no Polo de emprendemento da localidade
Na xuntanza tamén participou o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández
Rueda aposta por reforzar a Estratexia Retorna este ano e pide axilizar os trámites para as persoas migrantes e retornadas
Demanda ao Goberno central máis rapidez á hora de validar os títulos formativos doutros países
A Xunta apoia o concello de Cerdido na adquisición dun vehículo para servizos municipais
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o funcionamento do pick-up financiado a través dun convenio co Goberno galego
A Comunidade de Usuarios de Augas de Santa Cruz de Lamas mellorou as súas instalacións grazas a unha axuda da Xunta de 12.000 euros
Máis de 90 entidades da área territorial de Pontevedra recibiron un total de máis de 1 millón de euros para mellora das súas instalacións e compra de material