Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez sinala Galicia como unha potencia na planta ornamental e a flor cortada, cun valor anual de 82 M€ e 1.500 postos de traballo directos
A conselleira do Medio Rural visitou a empresa Flores Casabella, en Oroso, que produce e vende flores e plantas ornamentais, tanto en invernadoiro como ao aire libre e que conta con 17 anos de experiencia no sector
A Xunta destaca na Feira Fruit Attraction de Madrid a calidade dos produtos hortofrutícolas galegos
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á primeira xornada deste evento que se celebrará ata este xoves no recinto de Ifema en Madrid
Medio Rural enxalza a calidade dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, recoñecidos con galardóns internacionais
A conselleira María José Gómez visitou hoxe a adega Rectoral de Amandi, no concello lucense de Sober, que recibiu a Gran Medalla de Ouro polo Mencía Matilda Nieves no Mondial Vins Extrêmes, celebrado no Val de Acosta en Italia
Medio Rural salienta o papel das razas autóctonas na protección do territorio e o apoio da Xunta na súa conservación e impulso
A conselleira María José Gómez inaugurou hoxe a xornada Galicia-Gandaría Extensiva, organizada por Unións Agrarias en Lugo, onde destacou o papel deste modelo gandeiro como barreira natural fronte aos incendios forestais
Extinguido o incendio do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro
O lume iniciouse o 18 de setembro ás 14.16 horas e finalmente afectou unha superficie de 1.805 hectáreas, das cales 1.517 se corresponden con monte arborado e 288 con raso
Medio Rural destaca a importancia do sector da planta ornamental e a flor cortada para Galicia
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria reuniuse hoxe con representantes da Asociación de Viveiristas do Noroeste para abordar algunhas cuestións de interese para este eido
Medio Rural destina 700.000 € para que as organizacións e asociacións agrarias poidan levar a cabo as súas actividades
Estas axudas teñen como obxectivo financiar os gastos de realización de actividades de representación e de formación das organizacións profesionais agrarias, legalmente constituídas e con implantación en Galicia, e dos agricultores en xerais
María José Gómez define a Feira de Artesanía e produtos da zona de Triacastela como escaparate do sector agroalimentario galego
A conselleira do Medio Rural foi a pregoeira da 13ª edición que se celebra hoxe na localidade lucense
A Xunta fomenta a remuda xeracional na xastrería, na ourivería e na sombreirería a través do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’
A Fundación Artesanía de Galicia abre a convocatoria para os tres primeiros cursos 2025-2026 deste programa pioneiro que busca mellorar a profesionalización das persoas artesás en activo e contribuír á remuda xeracional nos oficios tradicionais