Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.459 novas da área temática Sanidade:

03/12/2025 | 10:29 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 925.000 € a contratación dunha solución de ciberseguridade de protección de identidades para o Servizo Galego de Saúde

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o 9 de xaneiro de 2026 para presentar as súas ofertas

02/12/2025 | 13:35 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promove o solidario xesto da doazón no Parlamento de Galicia

As 25 campañas da ADOS desenvolvidas na cámara lexislativa galega, desde o ano 2001, acadaron 605 doazóns de sangue

02/12/2025 | 12:22 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o proxecto pioneiro da Unidade móbil de Radioloxía de Santiago e Barbanza, que realizou case 6.200 probas a preto de 5.700 pacientes desde a súa posta en marcha hai un ano

O conselleiro remarca que a posta en marcha desta unidade contou cun investimento de preto de 370.000 euros e naceu co obxectivo de reforzar a atención primaria

02/12/2025 | 10:46 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ o contrato de solucións de seguridade e control para os dispositivos de atención primaria do Servizo Galego de Saúde

O obxectivo é garantir a protección ante o incremento dos ciberataques rexistrado nos últimos anos e o aumento de dispositivos médicos conectados

01/12/2025 | 18:14 | C. de Sanidade

A Xunta inmuniza máis de 6.500 persoas de entre 60 e 69 anos fronte á gripe nas xornadas extraordinarias de vacinación desta pasada fin de semana nos hospitais

A Consellería de Sanidade reforzou esta fin de semana a campaña de vacinación fronte á gripe con motivo do inicio precoz da onda epidémica

01/12/2025 | 15:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola sensibilización e prevención no Día Mundial da Sida a través de puntos de información para a mocidade

O persoal dos centros Quérote +  realizaron diferentes accións de concienciación á mocidade sobre o VIH  e as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS)

01/12/2025 | 12:21 | C. de Sanidade

A Xunta publica a modificación dos estatutos da Real Academia de Medicina de Galicia para adaptar e actualizar o funcionamento da institución

O novo texto, impulsado pola propia institución, posibilita a celebración das súas reunións na modalidade telemática e incorpora a perspectiva de xénero a todo o seu marco normativo

29/11/2025 | 22:56 | A Presidencia da Xunta

Rueda felicita á Fundación Andrea por case dúas décadas transformando a vida de nenos e nenas con enfermidades graves

Agradeceu o labor de entidades sociais como esta Fundación, que chegan ata onde ás veces as administracións non poden, e reafirmou o compromiso do Goberno autonómico con seguir mellorando o sistema sanitario e de atención social 

29/11/2025 | 16:41 | C. de Sanidade

A Xunta pon en valor o papel esencial do voluntariado da Asociación Española contra o Cancro no acompañamento a pacientes oncolóxicos

O  labor dos voluntarios da AECC nos hospitais, nas unidades de día e mesmo nos fogares dos pacientes, serve para dar forza e consolo a quen máis o precisa