Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33.978 novas:

13/03/2026 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á mocidade galega a ser protagonista da acción climática e involucrarse de forma activa na busca de solucións

Incide en que estas charlas promovidas pola Xunta permiten ao alumnado poder coñecer proxectos reais e innovadores que se están a desenvolver en Galicia

13/03/2026 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta o compromiso do colexio de Sabarís, en Baiona, co fomento da lectura desde a biblioteca escolar

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa coñece as distintas actividades que desenvolve o centro para o fomento da lectura entre os alumnos

13/03/2026 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Vigo o papel das microcredenciais para responder con eficacia e axilidade as necesidades de talento das empresas

José González enmarcou esta medida no redeseño da formación para o emprego que impulsa o Goberno galego e no que tamén se encadran outras ordes a demanda do tecido produtivo como a destinada á formación de persoas ocupadas (4 M€)

13/03/2026 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta exixe a suspensión do prazo de alegacións á reforma do regulamento xeral de costas por defectos de forma e a ausencia de información preceptiva

Ángeles Vázquez salienta que o anteproxecto de real decreto non está acompañado da preceptiva memoria de análise de impacto normativo, que inclúe a correspondente documentación de avaliación xurídica, económica e orzamentaria

13/03/2026 | 13:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de fomentar o intercambio de experiencias entre persoas mozas e maiores

Antón Acevedo pon en valor os programas que ten en marcha o Goberno galego para favorecer un envellecemento activo e saudable

13/03/2026 | 13:15 | C. do Mar

Villaverde destaca a renovación do distintivo ‘Pescaenverde’ da OPP-7 Burela como exemplo do compromiso do sector coa sustentabilidade

A conselleira do Mar asistiu á entrega desta certificación da USC que a organización mariñá acadou xa no 2022, converténdose na primeira e única flota de altura con esta coetiqueta

13/03/2026 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar os avais para a compra da primeira vivenda, cun orzamento de 5 M€

O departamento que dirixe M. Allegue avalará os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos para compra da súa primeira vivenda e, no caso de adquisición de vivenda protexida, non existe límite de idade para poder acceder aos avais

13/03/2026 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o martes o período de solicitude de praza nas escolas infantís públicas autonómicas

Os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 7 de abril

13/03/2026 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora cos concellos de Boqueixón e O Pino na mellora do viario de Louredo ao aeroporto compostelán

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou as melloras realizadas cunha achega autonómica de case 44.000 euros a través da Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros