Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 150.000 € para apoiar seis microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
O Diario Oficial de Galicia recolle que se financiarán actuacións promovidas polas entidades Beyond Suncare, Fundación Ayuda Solidaria Hijas de Jesús, Miradas al Mundo, Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal) e Semilla para el Cambio
A Xunta conta cunha estratexia de prevención e resposta ante episodios de seca baseada na mellora da eficiencia das redes de abastecemento e no seguimento permanente dos ríos e encoros
Rueda destaca que, nos últimos anos “destináronse máis de 16 M€” aos concellos para avanzar na dixitalización dos sistemas de cara a detectar con antelación problemas nos depósitos, perdas, avarías ou consumos anómalos
Rueda anuncia que a Xunta destina 40 M€ para atraer grandes proxectos de seguridade, defensa e aeroespazo e potenciar estas industrias en Galicia
Salienta que será unha medida “pioneira en España” que se realizará a través da fórmula da Compra Pública Precomercial
A Xunta aproba actuacións en 40 treitos dos Camiños do Norte e Inglés no marco do Plan de Mellora da Seguridade Viaria dos Peregrinos
O Consello aprobou os trazados definitivos dos treitos comúns nestas dúas rutas, cun investimento total de 8 M€
Rueda resalta que a Xunta facilitará o coñecemento das prohibicións de consumo de alcohol, bebidas enerxéticas, tabaco e cigarros electrónicos por menores con sinalización clara e homoxénea
Salienta que o Consello avalía a elaboración da orde que regulará os modelos oficiais, que concretarán como deben ser os carteis e onde colocalos
A Xunta e Circularis avalían vías de colaboración en materia de xestión de residuos
Ángeles Vázquez incidiu no compromiso do Goberno galego de apoiar os concellos para que melloren a xestión dos seus residuos para avanzar no cumprimento da normativa estatal e europea nesta materia
O delegado territorial verifica o comezo do asfaltado da rúa Progreso, na cidade de Ourense
Manuel Pardo explicou que as actuacións no firme da rúa Progreso consisten no fresado e reposición puntual das zonas máis deterioradas e a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a rúa, ao tempo que se instalarán tres pasos elevados realizados con mestura bituminosa en quente