Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.176 novas:

11/07/2026 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra hoxe a edición de xullo de ‘Artesanía de Galicia en Merza’ para seguir promovendo a comercialización do produto artesán galego

Este sábado ten lugar unha nova edición mensual deste evento impulsado polo Goberno galego en colaboración co obradoiro Eferro, con 10 obradoiros da marca Artesanía de Galicia e actividades complementarias como un taller gratuíto de macramé

11/07/2026 | 20:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a sensibilización e o asesoramento en materia de xénero a través do punto lila e arcoíris no Portamérica

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou este espazo de información e atención que está aberto todos os días ata o peche do festival

11/07/2026 | 19:32 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/07/2026 | 15:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva ao barrio coruñés dos Mallos a campaña ‘Comercio Compensa’ no marco dunha xornada de dinamización do comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo achegouse ao punto informativo instalado esta mañá na rúa Ángel Senra no marco da iniciativa autonómica que promove hábitos de compra responsables e respectuosos co medio

11/07/2026 | 15:28 | C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá por finalizada mañá domingo a alerta por posibles efectos da calor na saúde en toda Galicia

Nos vindeiros días entrará aire atlántico, máis fresco e húmido, o que fará que as temperaturas se suavicen notablemente

11/07/2026 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executa 20 obras de mellora en centros educativos do Salnés cun investimento de 8,8 M€

O conselleiro de Educación supervisa a ampliación do Colexio Rosalía de Castro no Grove, unha actuación cun importe de máis de 1,6 millóns de euros

11/07/2026 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa abonou o 100% das 188 achegas concedidas este ano para adquisición de vivenda protexida e en centros históricos e ampliará este mes de xullo o crédito en 2 M€ para atender a demanda da cidadanía

Allegue anuncia que a Xunta xa abonou os 2M€ das axudas concedidas e avanza que dos outros 2M€ en que se ampliará o crédito, 1,7M€ destinaranse ás achegas para compra de vivenda protexida e 280.000 ás dirixidas á adquisición en centros históricos

11/07/2026 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da mellora de pistas forestais para contribuír á prevención dos incendios forestais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, percorreu hoxe a nova pista forestal de case un quilómetro no municipio de Camariñas, na que a Xunta investiu máis de 30.600 euros 

11/07/2026 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia o remate das obras de restauración do santuario da Peregrina a principios de agosto

O titular de Cultura do Goberno galego destaca o comezo xa da retirada das estadas, que se concluirá de xeito completo a finais deste mesmo mes