Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.176 novas:

11/07/2026 | 13:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia impulsa en Ribadavia un obradoiro de xoiería coa técnica de bordado ao aire dentro do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

A Casa da Artesanía de Galicia acolle esta fin de semana a formación impartida por Zeltia Rodríguez no marco da iniciativa pioneira de revitalización comercial que busca converter espazos en desuso en negocios rendibles e xeradores de emprego  

11/07/2026 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá alerta laranxa por tormentas e chuvias na Mariña lucense e amplía ao centro de Lugo a activa hoxe en toda a provincia da Coruña

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

11/07/2026 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta coa mellora dos centros escolares en Vigo, onde este verán están en execución 20 obras con case 22,5 M€ de investimento

O conselleiro de Educación visita o Centro Integrado de FP Valentín Paz Andrade, onde o Goberno galego inviste case 1,9 M€ no cambio da cuberta e diferentes reformas

11/07/2026 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o traballo dos centros de recuperación de fauna silvestre da Xunta e incide na importancia da colaboración cidadá na conservación e protección da biodiversidade

A conselleira lembra que en caso de localizar un animal ferido, non debe manipularse e cómpre avisar ao teléfono 112 ou aos axentes ambientais da Xunta para que sexan os profesionais os que coordinen a súa recollida e traslado

11/07/2026 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para as obras da senda peonil e ciclista na PO-325 entre Vigo e Nigrán

A Administración autonómica licitou por 5,3 M€ estes traballos, que permitirán habilitar un itinerario continuo de 14 quilómetros da estrada, desde a contorna de Navia ata a entrada no núcleo urbano de Nigrán 

11/07/2026 | 11:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o impulso este verán de obras de mellora en 364 colexios e institutos por 86,7 M€

Explica que son obras de construción, ampliación e mellora, o que inclúe 61 grandes actuacións que se inician agora ou nas que se avanza aproveitando as vacacións

11/07/2026 | 11:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de dar visibilidade ás persoas que sofren dano cerebral adquirido

Begoña Abeijón remarcou a importancia da colaboración entre as administracións e as entidades sociais para garantir a atención a este colectivo

11/07/2026 | 11:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda pon en valor que a Xunta está acondicionando máis de 400 quilómetros de estradas autonómicas

Supón un investimento de case 54 millóns de euros no conxunto das catro provincias galegas

11/07/2026 | 10:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 1,15 M€ a mellora do saneamento na Illa de Arousa para dar servizo a case 5.500 habitantes

Os traballos inclúen a construción dunha nova rede de colectores de augas residuais e pluviais para transformar o sistema actual e reducir os alivios á ría de Arousa