Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 506.000 euros a financiar o obradoiro dual de emprego ‘Terras do sor VIII’, compartido polo Vicedo, Muras e Ourol
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no obradoiro, que imparte especialidades relacionadas coa carpintería e o sector forestal
A Xunta instala 21 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos dos ríos Presa e Postillón, en Cangas
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta asina un acordo de colaboración co Sabadell Gallego para o financiamento da promoción de vivenda pública
O obxectivo do acordo, cuxa vixencia é de 4 anos, é facilitar tanto a concesión de préstamos para a promoción de fogares públicos, como a subrogación deses préstamos a favor das persoas adxudicatarias
Sada súmase á campaña de verán “Un alento de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
O municipio coruñés acadou en 2025, con 500 doazóns, un índice de participación de 29 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Turismo de Galicia apoia a difusión do termalismo entre os profesionais da medicina como fonte de saúde
Xosé Merelles inaugurou en Oia o curso de verán da USC ‘Oncoloxía integrativa: Coidar aos superviventes de cancro, un novo reto asistencial’, integrado na Cátedra de Hidroloxía Médica que conta co apoio da Xunta de Galicia
Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe
Controlado o incendio rexistrado nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, que se uniu, formando un único lume, tras iniciarse nas parroquias de Salto (Vimianzo) e Nande (Laxe); segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 220 hectáreas
A Xunta destaca no Ribadeo Indiano a importancia da colaboración entre o comercio local e os eventos singulares na dinamización das vilas galegas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no peche da campaña organizada por ACISA Ribadeo e destacou o valor das iniciativas de dinamización comercial para fidelizar a clientela e incentivar o consumo de proximidade
Xosé Merelles destaca a XXX Regata Cruceiro Cenor como referente da vela galega e un impulso ao turismo deportivo
Subliñou a crecente relevancia desta modalidade turística con máis de 118.000 visitantes o pasado ano