Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural ofrece unha charla informativa sobre dermatose nodular contaxiosa en Lalín
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou hoxe nesta xornada, que tivo lugar no Salón Teatro deste concello pontevedrés
A Xunta lembra que se poden solicitar ata o 20 de marzo as axudas da Xera para tecnoloxías forestais
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou hoxe dúas empresas referentes na fabricación e comercialización de maquinaria forestal
A Xunta destina máis de 40.000 euros á mellora paisaxística da contorna do Castelo da Peroxa
Marisol Díaz explica que se levou a cabo unha actuación para conservar os valados e sebes nun espazo natural singular moi representativo da contorna
A Xunta avanza que abrirá un centro especializado en Burela para acoller menores estranxeiros non acompañados
O novo recurso vai contar cunha ducia de prazas xestionadas por unha entidade social referente na atención á infancia e a adolescencia
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés
O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo comprobaron o resultado dos traballos que se enmarcan na aposta do Goberno autonómico por recuperar e manter o patrimonio do Camiño de Santiago
Lorenzana defende a repotenciación obrigatoria fronte ao plan do goberno de subvencionala para “disimular” a baixa execución dos fondos europeos
“Os parques eólicos son rendibles aínda pagándoa, por iso nós non defendemos que teña que facerse con axudas e impostos de todos os cidadáns”, di
María José Gómez destaca no Parlamento as medidas de defensa do sector primario ante o acordo UE-Mercosur
A conselleira do Medio Rural respondeu hoxe unha pregunta sobre este tratado comercial, na que debullou o paquete de medidas posto en marcha pola Xunta
A Xunta aforrou aos galegos en 2025 máis de 1,5 millóns de desprazamentos a oficinas de rexistro e a entrega de máis de 20 millóns de documentos
O director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, participou na I Xornada Interautonómica de Simplificación Administrativa, organizada pola Consejería de Economía, Hacienda, Fondos Europeos y Diálogo Social da Junta de Andalucía
Belén do Campo informa que mañá remata o prazo para que as asociacións de comerciantes soliciten os 2,5 M€ en axudas da Xunta para a dinamización do comercio local
Belén do Campo lembrou que poden optar ás axudas as asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, cunha antigüidade mínima de tres anos, que representen, como mínimo, 50 negocios retallistas