Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.176 novas:

10/07/2026 | 16:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 1.884 persoas avanzan á última fase das oposicións de educación, que concluirán o 19 de xullo

Superan a fase inicial o 16% dos 11.531 aspirantes, o que supón catro puntos máis que o ano pasado nun proceso avaliado por docentes do ensino público

10/07/2026 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento máis de 501.000€ no obradoiro Lubians II de Carballo e Coristanco no que se formarán a 20 desempregados para mellorar a súa empregabilidade

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter un certificado de profesionalidade en: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e en montaxe e instalacións de construcións de madeira

10/07/2026 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o crecemento da empresa biotecnolóxica ODS Protein a través do programa Neotec

A empresa, centrada no desenvolvemento de proteínas alternativas para a industria alimentaria de xeito sostible, conta cunha axuda de máis de 231.000 € para desenvolver o seu plan de negocio ata 2027

10/07/2026 | 15:56 | C. do Mar

A Xunta destaca a Festa do Percebe do Roncudo como escaparate da excelencia dos produtos do mar de Galicia

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou na presentación da XXXIV edición desta cita gastronómica

10/07/2026 | 15:54 | C. do Medio Rural

María José Gómez valora o papel das cooperativas agrarias para mellorar a capacidade de negociación, acceder a tecnoloxía e ofrecer servizos

A conselleira do Medio Rural participou en Taboada na xornada de convivencia da cooperativa Aira, onde subliñou o carácter “esencial” destas entidades para o futuro do rural galego

10/07/2026 | 15:52 | C. de Sanidade
10/07/2026 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca a licitación das obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, cun investimento autonómico de 10,3 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o 22 de setembro

10/07/2026 | 15:05 | C. do Mar

A Xunta reforza o seu apoio ao 'Vigo Seafest' para promover o consumo de peixe e enxalzar o traballo da frota galega

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou hoxe a VII edición do Festival ARVI do Peixe, un evento que conta cunha achega autonómica de máis de 118.000 euros para achegar o complexo mar-industria á cidadanía

10/07/2026 | 15:04 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 20,8 M€ a subministración sucesiva de diversos medicamentos biolóxicos destinados ao tratamento de patoloxías complexas

O acordo inclúe a adquisición de fármacos para o tratamento de enfermidades onco-hematolóxicas, esclerose múltiple, doenzas inmunomediadas como a artrite reumatoide e diversas enfermidades raras