Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca o investimento de 30.000€ para a rehabilitación do Muíño de Sisalde en Arteixo grazas ás axudas da xunta para Reservas da Biosfera
A delegada da Xunta lembrou que a orde destas achegas beneficiou na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas aos concellos de Paderne, Bergondo, Carral, Arteixo, Oleiros, Miño e Oza-Cesuras por un importe total de máis de 165.000 euros, para actuacións de conservación e valorización do seu patrimonio natural e cultural
Nove proxectos de investigación levarán os seus resultados ao mercado co apoio do programa Ignicia da Xunta
O conselleiro de Ciencia participa na presentación destas iniciativas, ás que o Goberno galego destina 4 M€ e que permiten xerar emprego de calidade
A Xunta presenta o primeiro museo virtual dun parque natural para achegar o patrimonio á cidadanía a través dunha experiencia visual inmersiva
O obxectivo desta iniciativa é permitir visitar e explorar estes espazos protexidos desde calquera lugar, sen límites físicos e combinando a divulgación científica e os contidos culturais
Gómez Caamaño destaca a convocatoria de 5.550 prazas de distintas categorías do Servizo Galego de Saúde co fin de reforzar os cadros de persoal e reducir a temporalidade
En marzo, o Servizo Galego de Saúde convocará, polo sistema de concurso de méritos, máis de 100 prazas de facultativo para postos de difícil cobertura
Fabiola García pon en valor o impulso da Xunta ao talento feminino galego con medidas pioneiras como ‘Presentes’ ou o programa Galicia Investiga Igualdade
Destaca que a nova comunidade ‘Presentes’ conta xa con máis de 2.000 expertas de todos os sectores para seguir sensibilizando a sociedade, especialmente as xeracións máis novas
A Xunta organiza obradoiros de arqueoloxía e visitas guiadas nocturnas na primavera activa do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
A programación inclúe propostas como xogos de pistas, experiencias creativas, actividades artísticas, e ‘escape rooms’ de abril a xuño
A Xunta asina co concello de Teo o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas, cun investimento estimado de 8,8M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a licitación da redacción do proxecto, dirección e obras e a presentación de ofertas rematará o 12 de maio