Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.144 novas da área temática Áreas temáticas:

10/06/2026 | 15:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Pablo Fernández visita Xuntos Síndrome de Down e destaca a importancia da integración social e laboral de todas as persoas

Esta entidade recibiu axudas da Xunta por valor de máis de 80.000 euros para levar a cabo programas de emprego e para a contratación de persoal

10/06/2026 | 15:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta activou este ano 17,4 M€ en liñas de axuda para promover a eficiencia enerxética entre empresas e particulares

Son apoios para o sector agrícola primario; para instalacións de uso térmico no ámbito residencial non urbano; para enerxía fotovoltaica en empresas; e para melloras de eficiencia enerxética en pemes ou por parte autónomos, que aínda se pode solicitar

10/06/2026 | 15:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural, as Forzas e Corpos de Seguridade e as Forzas Armadas reforzan a súa coordinación na vixilancia, investigación e actuación fronte aos incendios forestais

A conselleira María José Gómez presidiu hoxe unha reunión con responsables destes corpos, na que tamén tomaron parte expertos da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO)

10/06/2026 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición “Nicolás Muller en Galicia”, unha viaxe fotográfica pola comunidade nos anos sesenta

A mostra reúne 49 imaxes realizadas polo fotógrafo húngaro durante as súas viaxes por Galicia e recupera un valioso patrimonio documental sobre o territorio, o mar, o traballo e a modernización da comunidade.

10/06/2026 | 15:11 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha un procedemento coordinado de elección de destino e toma de posesión que afecta a unhas 3.300 persoas empregadas públicas

A directora xeral de Emprego Público e Administración de persoal, Nuria Aguilar, compareceu na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

10/06/2026 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Suíza

Con esta finalidade, lánzase unha consulta previa ao mercado para que as empresas interesadas na fabricación do mesmo poidan presentarse ata o 9 de xullo

10/06/2026 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia a ampliación do instituto Lamas de Abade e eleva a case 6,5 M€ o investimento en obras en marcha nos centros educativos de Santiago

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o comezo dos traballos, que contan cun orzamento de máis de 1,3 M€ e habilitarán case 500 m² novos

10/06/2026 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca que as 147 bandeiras azuis consolidan a Galicia como un referente internacional de calidade, excelencia e sostibilidade turística

Sinala que Galicia “é a comunidade que máis medra” en distintivos e que, sumando tamén os sendeiros azuis, é a segunda con máis galardóns deste tipo en España, cun total de 219

10/06/2026 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade dunha colaboración institucional real durante a tramitación da nova Lei de Administración Local de Galicia con achegas construtivas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, defende no Parlamento que a Xunta está a avaliar as 530 alegacións ao anteproxecto presentadas por máis de medio cento de entidades co obxectivo de incorporar todas aquelas que contribúan a enriquecer o texto

10/06/2026 | 14:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición “Nicolás Muller en Galicia”, unha viaxe fotográfica pola comunidade nos anos sesenta

A mostra reúne 49 imaxes realizadas polo fotógrafo húngaro durante as súas viaxes por Galicia e recupera un valioso patrimonio documental sobre o territorio, o mar, o traballo e a modernización da comunidade