Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.701 novas da área temática Sanidade:

15/09/2026 | 13:40 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde, finalista dos European public sector Awards 2025-26 pola súa estratexia en compra pública de innovación

A candidatura foi presentada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), nunha edición que conta con 134 candidaturas de 30 países

15/09/2026 | 13:11 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño chama a estreitar os vínculos entre a sanidade pública e a universidade para que os médicos do futuro atopen en Galicia o mellor lugar para formarse

Subliña o compromiso da Xunta coa formación sanitaria especializada, que acada este ano un novo récord con 725 prazas, 207 delas de medicina familiar e comunitaria

14/09/2026 | 11:59 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación de aspirantes admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 23 categorías de persoal estatutario

Resultan admitidos, con carácter definitivo, 21.909 aspirantes para un total de 826 prazas

13/09/2026 | 12:12 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade participa nas xornadas europeas Praise-U+ para avanzar na detección precoz do cancro de próstata

Baseado na evidencia científica, o proxecto procura a avaliación de resultados e a identificación das estratexias máis eficientes para a súa futura implantación a nivel europeo

12/09/2026 | 11:07 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde presenta na cidade de Stuttgart o modelo galego de seguimento domiciliario de pacientes crónicos Telea

O encontro reuniu a representantes de diferentes países europeos para compartir coñecemento e experiencias sobre a transformación da atención primaria

11/09/2026 | 15:48 | C. de Sanidade
11/09/2026 | 15:45 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá sábado a alerta amarela por posibles efectos da calor sobre a saúde no interior de Pontevedra

Actívase a alerta amarela nos concellos da Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces

11/09/2026 | 15:28 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 130.000 € a renovación integral da produción de climatización do centro de saúde de Monforte de Lemos

Substituiranse as tres unidades exteriores por novos equipos de alta frecuencia enerxética e modernizaranse as instalacións

11/09/2026 | 12:31 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o investimento de máis de 1,7 M€ na nova resonancia móbil con base no Meixoeiro, a primeira deste modelo avanzado na sanidade pública española

O novo equipamento incorpora intelixencia artificial aplicada ao posicionamento e reconstrución das imaxes para favorecer a súa calidade e axilizar procesos