Actualidade
Buscador de novas
O Concello da Merca adhírese ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de oito vivendas protexidas na Manchica
A través deste acordo, a Xunta pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, oito parcelas situadas na rúa Val do Seixo, para a construción de oito vivendas unifamiliares
Allegue anuncia que as 10 novas vivendas públicas de Vilagarcía serán para venda, cunha reserva do 25% para menores de 36 anos e do 30% para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos
O novo inmoble, que se situará nunha parcela cedida polo Concello, terá baixo e dúas alturas e contará con 8 vivendas de dous dormitorios e 2 de tres dormitorios
A Xunta sinala o acceso á vivenda como un factor fundamental para a plena inclusión
Arturo Parrado destaca o incremento dos recursos destinados polo Goberno galego a apoiar ás persoas con dificultades para acceder ou manter unha vivenda
A Xunta recibe 6 ofertas para a redacción do proxecto e a construción de 264 vivendas públicas en Xuxán, licitadas cun investimento de 51,5 M€
Nos pregos da licitación desta nova promoción de 264 vivendas públicas establécese a obrigatoriedade do uso de técnicas industrializadas
Rueda salienta que a Xunta recibiu ofertas para converter 26 locais en vivenda e transformalos en ata 32 vivendas públicas de alugueiro accesible na cidade de Ourense
Sinala que o Goberno galego mobiliza ata 2 M€ á compra de baixos e entreplantas de inmobles de uso residencial sen uso na cidade para destinala a vivenda pública con cualificación permanente
Allegue sitúa Galicia como a comunidade que máis medidas ten en marcha no impulso da vivenda protexida
A xornada celebrada na Cidade da Cultura abordou as medidas de axilización e flexibilización para o impulso da vivenda, o desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida, a colaboración e cooperación da Xunta co sector e os concellos e o plan de impulso da construción industrializada
A Xunta publica a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
O DOG publica hoxe a convocatoria conxunta das consellerías de Emprego e Vivenda que —cun orzamento inicial de 1,5 M€— busca poñer a disposición de persoas contratadas en Galicia vivendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes
O Consorcio Casco Vello finaliza a rehabilitación dun edificio con cinco novas vivendas públicas en Vigo e un investimento de 1,7 millóns de euros
A presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV) visitou este xoves os traballos de reforma do edificio de Elduayen 39/Ferrería 16