Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.458 novas da área temática Sanidade:

18/10/2025 | 12:46 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade salienta o impacto do proxecto e-Diabetes, que monitoriza os niveis de glicosa de máis de 12.000 pacientes con sensores de envío domiciliario

O titular de Sanidade destaca a extraordinaria traxectoria da doutora Teresa Martínez Ramonde, xefa do servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do hospital herculino e o seu papel determinante no progreso da abordaxe da diabetes en Galicia

18/10/2025 | 12:19 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan case 50 M€ para impulsar as obras do CHUAC e Santa Lucía e adquirir novo equipamento sanitario

Concreta que a Xunta destinará 43,7 millóns a impulsar as obras do Novo Chuac, onde hai actualmente mobilizados xa máis de 85 millóns e se prevé licitar no primeiro semestre do ano as obras da segunda fase cun investimento de máis de 400 millóns

18/10/2025 | 11:23 | C. de Sanidade

A Xunta incrementa ata os 48,2 millóns de euros o orzamento en vacinación en 2026, o que supón unha suba de máis do 17 %

O titular de Sanidade sinala que o incremento de 7,2 millóns con respecto a 2025 permitirá reforzar, ante todo, a protección do colectivo de persoas maiores, con distintas estratexias encamiñadas a aumentar as coberturas de vacinación

17/10/2025 | 18:25 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde presenta unha proposta de liñas de actuación de recursos humanos en atención primaria para garantir a cobertura da asistencia sanitaria ante o déficit de profesionais

Unha das principais medidas é considerar os sábados pola mañá como de atención continuada, para o que se crearán novas prazas de medicina de familia, enfermería e persoal de servizos xerais (PSX)

17/10/2025 | 16:21 | C. de Sanidade

A Xunta licita por preto de 520.000 euros a adquisición de equipamento electromédico para centros de saúde

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 3 de novembro para presentar as súas ofertas

17/10/2025 | 13:34 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por preto de 500.000 € o servizo de xestión de proxectos e auditoría técnica para optimizar os sistemas de dispensación en farmacias

O obxectivo deste contrato é desenvolver unha serie de proxectos que permitan dotar estes centros dos medios necesarios para facilitar a xestión sanitaria

17/10/2025 | 12:31 | C. de Sanidade

Belén do Campo agradece a implicación das nais e pais no proxecto da vacinación infantil no que participaron máis de 260 nenos do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Ordes

A delegada da Xunta visitou este centro educativo para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira que comezou o 13 de outubro e rematará o 23 de outubro na provincia e na que participaron 8 centros educativos da cidade e da área de Compostela

17/10/2025 | 11:50 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 13,3 M€ un total de 1.263 prazas en centros de rehabilitación psicosocial e laboral para enfermos con trastorno mental grave

O Goberno galego incrementa nun 33 % as prazas nestes centros integrais no marco da súa aposta por reforzar a atención á saúde mental

17/10/2025 | 11:01 | C. de Sanidade
17/10/2025 | 10:55 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 4 M€ o subministro de ecógrafos para distintos servizos do hospital Novo Montecelo de Pontevedra

Adquírese equipamento de endoscopia dixestiva, ecógrafos para xinecoloxía e obstetricia, ecocardiógrafos, ecógrafos de radiodiagnóstico, de uroloxía, de cirurxía xeral e dixestiva