Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Consumo:

16/11/22 | 15:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización da artesanía de Galicia de cara ao Nadal no Mercado da Estrela de Santiago de Compostela

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación da programación da edición deste ano, que se celebrará do 16 ao 18 de decembro

13/11/22 | 16:15 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso coas producións galegas de calidade, que contan cun orzamento de máis de 5,4 millóns de euros en 2023 para a súa promoción

As accións que se contemplan van dende a promoción a través campañas ata a participación en feiras tanto nacionais como internacionais, entre outras

10/11/22 | 13:44 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta salienta a calidade da enogastronomía galega durante a 23ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron hoxe a 23ª edición de Xantar

09/11/22 | 19:39 | C. do Medio Rural

A Xunta continúa defendendo ao sector da carne de calidade pola vía da demanda de prezos axeitados para os seus produtos

José González insistiu en que os prezos deben cubrir os custos de produción e deixar unha marxe de beneficio para os gandeiros

08/11/22 | 17:37 | C. do Medio Rural

As empresas Chocolates Moreno e Augas Santas súmanse ao selo de calidade de Artesanía Alimentaria da Xunta


Este distintivo de calidade diferenciada garante que as producións contan cunha elaboración tradicional e unha presentación coidada, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet

05/11/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona os seus produtos de calidade na XXIII edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria vai desenvolver un amplo programa de actividades, entre as que se atopan un total de 14 obradoiros e degustacións de produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida ou de Indicación Xeográfica Protexida

04/11/22 | 18:12 | C. de Economía e Industria

O Inega contará co maior orzamento da súa historia para conter o impacto do prezo enerxético en fogares e empresas

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou esta tarde os orzamentos da entidade, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, que medran un 46,85%, ata case os 80M€

04/11/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias anima a desfrutar dos descontos do 50 % que ofece o Bono Cultura da Xunta nos negocios lucenses adheridos

O delegado territorial da Administración autonómica explica que máis de 60 empresas da provincia xa se sumaron á segunda edición desta campaña, que esgotou os bonos entre os consumidores en tempo récord

02/11/22 | 14:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do primer Fórum Gastronómico dos Camiños

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación levada a cabo hoxe no concello de Lalín

31/10/22 | 17:17 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén enxalza a Xantar como o escaparate dos mellores produtos gastronómicos de Galicia

O delegado territorial destacou que podemos presumir da nosa educación, da nosa cultura e da nosa riqueza gastronómica, e que mellor escaparate que Xantar para amosarlle a quen nos visitan o deleite dos nosos produtos de primeira calidade e o resultado culinario da nosa cociña tradicional e ao tempo vangardista