Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.795 novas:

27/07/2026 | 13:58 | A Presidencia da Xunta
27/07/2026 | 13:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca que a Xunta garante un ano máis de estabilidade coa aprobación dun teito de gasto non financeiro para 2027 que supera os 15.000 M€

“Galicia vai seguir a súa propia senda de estabilidade e confianza e, para iso, é fundamental ter orzamentos cada ano”, salientou

27/07/2026 | 13:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia dotarase dunha nova normativa de titulacións universitarias máis flexible que adaptará o número mínimo de alumnado para fortalecer o sistema

O Consello toma razón do inicio do trámite de consulta pública previa do futuro decreto para regular estas ensinanzas, en cuxa elaboración están participando as universidades públicas

27/07/2026 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o Castelo Rock de Muros na súa aposta pola música galega e por un modelo de festival de proximidade

O encontro é un dos oito beneficiarios da liña de subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a contratación de bandas e artistas de Galicia 

27/07/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca máis de 1,8 M€ para programas sociais de xuventude e voluntariado

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou esta mañá da orde durante unha visita á Residencia Familiar Cidade Xardín, xestionada por Dignidad Galicia

27/07/2026 | 13:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta lanzará por primeira vez unha orde de axudas específica para as vítimas de violencia sexual

Salienta que o obxectivo destas achegas, de ata 12.500 €, é “favorecer a recuperación integral destas mulleres e os seus fillos”

27/07/2026 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado da Xunta supervisa o remate das obras de conservación da senda peonil na estrada OU-404 no núcleo de Barral, no concello de Castrelo de Miño

Manuel Pardo explicou que esta actuación, que contou cun investimento autonómico de máis de 20.000 euros, consistiu na construción dunha gabia en formigón lixeiramente armada sobre unha superficie de 120 metros lineais e de ancho variable, entre os puntos quilométricos 31,510 a 31,360 na marxe esquerda da estrada

27/07/2026 | 12:59 | C. de Sanidade

Belén do Campo visita a unidade de doazón de sangue da campaña estival ‘Un alento de vida’ que chega ao concello do Porto do Son

O municipio coruñés acadou no 2025, con 281 doazóns, un índice de participación de 31 doazóns por cada 1000 habitantes e ano

27/07/2026 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa desde o 3 de agosto dúas novas liñas de autobús en Poio a través dun convenio co Concello

O acordo habilita unha liña entre a Ponte da Barca e o mosteiro de San Xoán de Poio e outra que conecta Alto Dorrón e o Mosteiro de San Xoán de Poio

27/07/2026 | 12:10 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 14 M€ o subministro, implantación e mantemento do equipamento de imaxe de alta tecnoloxía médica con destino ao Centro de Protonterapia de Galicia

Dotarase o centro dun equipo híbrido PET e resonancia magnética de última xeración, doutro de tomografía computarizada e conteo de fotóns e dunha plataforma de integración de datos clínicos e imaxe