Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsará a mesa autonómica do comercio local para avanzar na execución do Plan Estratéxico 2025-2030 e consensuar novas propostas de futuro
O director xeral de Comercio e Consumo compareceu hoxe na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, onde adiantou a creación desta Mesa en xaneiro co gallo de promover a interacción entre todos os axentes que inciden no sector comercial
A Xunta pacta co Concello de Vigo e Zona Franca unha nova valoración do Ifevi no marco da man tendida para avanzar na gobernanza tripartita do recinto
As tres partes consensuaron a realización dunha nova valoración do recinto que se encargará a través do propio Ifevi, remarcando desde a Xunta a importancia de que que isto non supoña frear nin atrasar os traballos en marcha
A Fundación Artesanía de Galicia e o torneiro tomiñés Aitor Martínez resultan gañadores nos Premios Nacionais de Artesanía 2025
O torneiro Aitor Martínez acadou o Premio Produto pola súa colección Mundos e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o Premio Promociona Entidades Públicas polo seu proxecto pioneiro en España Artesanía no Prato
A Xunta de Galicia potencia o selo Mercado Excelente coa actualización e simplificación dos criterios para a súa obtención
O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente a orde que redefinirá os estándares desta certificación co fin de adaptala ás características dos distintos mercados de abastos galegos e ás novas tendencias de consumo
A Xunta pon de relevo o potencial do Mercado de Nadal de Carballeda de Valdeorras para dinamizar as vendas do comercio local e o atractivo turístico do rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe esta iniciativa que ten lugar en Sobradelo e que apoia o Goberno galego
A Xunta clausura en Lugo a Feira de emprendemento infantil centrada no comercio
O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, asistiu hoxe ao acto que tivo lugar no soto da Praza de Abastos da cidade lucense, onde uns 60 escolares presentaron os produtos e servizos que idearon
Belén do Campo salienta en Silvereira Deseño, beneficiario das axudas da Xunta, o compromiso do Goberno galego coa promoción e a comercialización da artesanía
A delegada explicou que esta orde de axudas ten como finalidade reforzar a presenza do sector en feiras tanto dentro de Galicia como no ámbito nacional e internacional, contribuíndo así a mellorar a súa visibilidade e a abrir novas vías de comercialización
O padroado do Ifevi aproba por unanimidade a constitución dunha comisión de traballo de carácter técnico para deseñar o plan funcional e o estratéxico
No marco da folla de ruta para o impulso do recinto feiral, agora o seguinte paso será a designación dos representantes que integrarán este grupo por parte de cada unha das entidades participantes