Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.080 novas da C. de Sanidade:

15/10/2025 | 17:15 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño remarca que a Xunta ultima unha reordenación dos recursos humanos de atención primaria que permitirá reforzar a cobertura en centros de saúde como o de Ribeira

Remarca que, pese á falta de facultativos, a asistencia sanitaria en Ribeira está plenamente garantida e agradece o traballo dos profesionais neste obxectivo

15/10/2025 | 13:52 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor o servizo que prestan aos maiores do rural os equipos de asistencia domiciliaria de atención primaria de Ourense, que suman xa 49.000 consultas

O conselleiro de Sanidade incide en que o Sergas xa contempla de xeito continuo e sistemático o envellecemento da poboación e as súas consecuencias asistenciais nas súas decisións,  tanto a nivel autonómico como por áreas sanitarias

15/10/2025 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Un total de 10 colexios da provincia de Ourense participan no programa piloto de vacinación infantil fronte á gripe nos centros escolares

Manuel Pardo destacou que a campaña de vacinación infantil fronte á gripe inclúe os nenos e nenas desde os 6 meses , e de xeito pioneiro, ata os 11 anos 

15/10/2025 | 12:44 | C. de Sanidade

O estudo de saúde da poboación xitana sinala que 6 de cada 10 persoas do colectivo perciben a súa saúde como boa ou moi boa

A Consellería de Sanidade ten en marcha un proxecto de promoción da saúde coa participación activa de mulleres xitanas, cofinanciado ata 2027 polo Fondo Social Europeo con máis de 1 M€

15/10/2025 | 11:43 | C. de Sanidade

A Xunta publica a relación de admitidos e a resolución do concurso de traslados para a provisión de prazas de médico de familia e facultativo especialista de atención primaria

Neste ciclo de adxudicación resultaron admitidos 320 profesionais, sendo provisionalmente adxudicatarios de destino 166 aspirantes

14/10/2025 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Belén do Campo supervisa a vacinación dos 244 nenas e nenos de entre 3 e 11 anos do CEIP María Barbeito que participaron no programa piloto en centros escolares

A delegada da Xunta visitou o CEIP María Barbeito Cerviño da Coruña para compartir cos alumnos e profesores a experiencia desta campaña pioneira que ten por obxectivo achegar a vacina a 9.414 nenas e nenos dos colexios seleccionados da provincia da Coruña

14/10/2025 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Conclúe con éxito o programa piloto de vacinación intranasal para a gripe no CEIP San Tomé de Cambados

O delegado visitou o centro, acompañado polo xerente da área sanitaria, e destacou o empeño da Xunta por facilitar e fomentar a vacinación dos nenos e nenas

14/10/2025 | 12:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor a lei que converterá Galicia en referente europeo de protección da saúde da infancia e de loita fronte ás adiccións

Galicia será a primeira comunidade autónoma en abordar novos hábitos non saudables da mocidade ao equiparar o consumo de bebidas enerxéticas co alcohol e os vapeadores co tabaco

14/10/2025 | 11:58 | C. de Sanidade

A Xunta convida á cidadanía a doar sangue porque os hospitais galegos precisan preto de 500 doazóns diarias

As reservas dos grupos sanguíneos A negativo e 0 negativo atópanse en niveis baixos, polo que se realiza un chamamento especial ás persoas destes grupos