Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 100 novas da área temática Xustiza:

23/04/2024 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos

Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar o uso social dos bens incautados

16/04/2024 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
12/04/2024 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por espazos como as salas Gesell para garantir a privacidade de menores e persoas vulnerables nas probas relacionadas con casos como os de dereito de familia

O director xeral de Xustiza participou na inauguración das ‘VIII Xornadas de dereito de familia’, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega

05/04/2024 | 11:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a convocatoria extraordinaria para o recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o novo acordo entre o Goberno galego e as forzas sindicais representadas na mesa sectorial para ampliar o acceso ao réxime extraordinario

03/04/2024 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta

Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación

01/04/2024 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 350.200€ anuais aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado de primeira instancia da Coruña

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou esta mañá o novo órgano xudicial que comeza a funcionar esta semana e será atendido por 8 traballadores da Administración de Xustiza

27/03/2024 | 10:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación

A Xunta está a pilotar a automatización robótica de procesos nunha vintena de procedementos, tanto da Administración xeral como do eido xudicial

26/03/2024 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Consello da Avogacía Galega avanzan na mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta

Acordaron a actualización e inclusión de novos conceptos no baremo de compensacións aos profesionais que realizan o servizo, así como a axilización no pago da representación e defensa das persoas insolventes