Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta salienta o XXXIII encontro dos maiores de Boqueixón como unha iniciativa dinamizadora que fomenta a súa participación social
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, convidou os veciños a participar nas accións e programas do Goberno galego para fomentar o envellecemento activo
Fabiola García enxalza “a gran familia” que constitúen os centros galegos na Arxentina
Pon en valor o importante traballo que desenvolven as comunidades galegas na promoción e difusión da nosa cultura, así como a súa contribución ao mantemento dos vínculos con Galicia
A Xunta estenderá o Carné +65 aos galegos do exterior para que poidan desfrutar das súas vantaxes nas viaxes que realicen a Galicia
Fabiola García mantivo un encontro coa colectividade galega que reside en Uruguai, onde presentou as medidas da Xunta destinadas a garantir o benestar das persoas maiores e das familias
A Xunta mellorará as instalacións do seu centro de día para persoas maiores en Ponteareas
Destinaranse 52.000 euros a cambiar a actual cuberta e dotala de illamento térmico para que as instalacións gañen en eficiencia enerxética
A Xunta abre a consulta pública previa da primeira Lei do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia
Este é o paso previo á elaboración do anteproxecto desta norma específica que regulará o tecido social e creará un censo público e un plan de impulso e promoción
Fabiola García presenta en Arxentina as políticas impulsadas pola Xunta para garantir o benestar dos maiores e o envellecemento activo
A conselleira reuniuse coa experta en silver economy Liliana Paredes e explica que o Goberno galego busca “dar as máximas oportunidades” aos maiores e “garantir que o envellecemento en Galicia sexa sinónimo de calidade de vida”
A consellería de Sanidade e o colexio de educadores sociais de Galicia achegan o proxecto Aloumiños a 20 concellos para combater a soidade non desexada
No marco deste convenio, o departamento sanitario da Xunta investirá 120.000 euros para reforzar o benestar emocional e fomentar as relación veciñais
A Xunta aposta por unha atención integral que teña en conta o benestar tanto físico como emocional das persoas maiores
Jacobo Rey destaca o modelo galego de coidados, centrado na humanización dos centros, a coordinación sociosanitaria, o emprego das novas tecnoloxías e a mellora continua das instalacións
Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para reunirse coa colectividade galega e con expertos do sector sénior
A conselleira de Política Social e Igualdade compartirá cos galegos no exterior as políticas públicas da Xunta para fomentar o envellecemento activo e facilitar a conciliación familiar
A Xunta agradece ao concello de Friol o seu compromiso cos proxectos que buscan garantir o benestar dos maiores e das persoas con discapacidade
Lembra que a futuro centro de atención integral para persoas con autismo, que será xestionado por Aspanaes e contará con 48 prazas públicas, permitirá crear novos postos de traballo, favorecendo o asentamento de poboación no rural