Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.918 novas da área temática Mar:

27/05/2026 | 20:29 | C. do Mar

Villaverde asina un convenio coa confraría de Vilaxoán que permitirá a restauración de 8 bancos marisqueiros cunha superficie total de 213.487 m²

O Goberno galego financia integramente con máis de 206.000 € o plan deseñado pola propia entidade, que recolle actuacións como o acondicionamento do substrato, rareos, sementeiras, control de depredadores, vixilancia ou accións formativas

27/05/2026 | 15:38 | C. do Mar

O Observatorio costeiro de Galicia substitúe a boia de Muros por unha máis avanzada para reforzar a observación mariña en tempo real nas rías galegas

A nova boia facilitará as tarefas de mantemento e permitirá incorporar nova sensórica para ampliar as capacidades de monitorización ambiental

27/05/2026 | 15:36 | C. do Mar

Villaverde salienta a alianza entre a ciencia e o mar co gallo do Día Marítimo Europeo que a Xunta lle dedica este ano a Redemar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou o encontro a bordo do 'Hidria Segundo' en Vigo para poñer en valor a transferencia de coñecemento directo entre os científicos e o sector extractivo galego

27/05/2026 | 12:24 | C. do Mar

Villaverde destaca o papel estratéxico de Galicia como referente internacional na investigación mariña

A conselleira do Mar participou no encontro organizado en Vigo polo IIM-CSIC con motivo do seu 75 aniversario

26/05/2026 | 15:12 | C. do Mar

Villaverde fomenta o consumo de produtos do mar e as propiedades nutricionais do mexillón entre os máis novos

A conselleira do Mar participou na xornada “Mexillón de Galicia nas aulas”, que promove hábitos de alimentación saudables

26/05/2026 | 12:46 | C. do Mar

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para a remuda xeracional no sector pesqueiro

O DOG publica hoxe as bases e a convocatoria desta achega, impulsada pola Consellería do Mar, e dotada con 350.000 €

25/05/2026 | 11:56 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan máis de 20 quilos de percebe na Coruña e 12 quilos de ameixa en Ferrol

No marco dos operativos contra o furtivismo levados a cabo nas rías da Coruña e Ferrol, os axentes identificaron 13 persoas e dous vehículos e tramitaron 12 denuncias por infraccións á Lei de Pesca de Galicia