Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.445 novas da área temática Agricultura e gandería:

27/05/2026 | 16:31 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza en WineMad 2026 a promoción dos viños galegos nun mercado estratéxico para o sector vitivinícola

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe á inauguración desta feira en Madrid, na que por primeira vez se apoia a participación de 22 adegas das diversas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

27/05/2026 | 15:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural insiste ao Ministerio de Agricultura nas demandas para mellorar a posición negociadora dos gandeiros e as condicións dos contratos lácteos

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, insistiu hoxe nestas reclamacións de Galicia, relacionadas co chamado paquete lácteo, un conxunto de normativas que regulan o sector

26/05/2026 | 19:42 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca a gran calidade e orixinalidade dos finalistas da IV Ruta de Tapas CTV 2026 na gran final celebrada no museo MEGA

O establecemento gañador recibiu un premio de 1.000 euros e obtivo ademais a clasificación directa para representar á Coruña no Campionato Nacional Hostalería de España de Tapas e Pinchos, que se celebrará en Madrid Fusión 2027

26/05/2026 | 15:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca as axudas á apicultura como panca para mellorar a competitividade das explotacións e fomentar o incremento desta actividade

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias mantivo un encontro coa presidenta da Asociación Apícola Abellas Nais, que recibiu desde o ano 2021 máis de 600.000 euros a través destas liñas de achega

25/05/2026 | 14:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsa a identificación e certificación de oliveiras autóctonas galegas para fomentar a calidade do aceite con orixe na nosa comunidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na recollida de exemplares de oliveiras autóctonas na localidade luguesa de Ribas de Sil

22/05/2026 | 21:07 | C. do Medio Rural

María José Gómez sitúa como retos clave para o rural galego a calidade, a remuda xeracional e o coidado do territorio

Para acadar estes obxectivos, puxo en valor a produción agroalimentaria galega en xeral e a da Ribeira Sacra en particular, con referencias aos sectores lácteo, cárnico, vitivinícola ou do mel, así como a riqueza do monte galego

22/05/2026 | 16:47 | C. do Medio Rural

Os labores de restauración tras os incendios en Cualedro suporán un investimento de algo máis de 200.000 €

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, Luisa Piñeiro, reuniuse con responsables de comunidades de montes veciñais en man común deste concello ourensán para explicarlles as actuacións previstas