Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 95 novas da área temática Función pública:

10/02/2024 | 12:09 | C. de Sanidade

Preto de 1.800 persoas preséntanse ás oposicións do Servizo Galego de Saúde desta fin de semana

A participación da categoría de fisioterapeuta foi do 85 %; de enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, do 83 %; de técnico superior en hixiene bucodental, do 82 %; e de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, do 64 %

26/01/2024 | 10:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca os cursos selectivos para promocionar a distintas categorías nos corpos de Policía Local

Segundo publica o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito semipresencial na Academia Galega de Seguridade Pública ao longo de febreiro e marzo

25/01/2024 | 12:53 | C. de Sanidade

O Sergas publica as puntuacións provisionais da fase de oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería

Ofértanse un total de 196 prazas na categoría de persoal de servizos xerais e 789 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería

17/01/2024 | 14:21 | C. de Sanidade

O Sergas publica o lugar, data e hora de realización dos exercicios da oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Están convocadas 20.515 persoas aspirantes aos exames que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os días 3, 4 e 10 de febreiro

26/12/2023 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
07/12/2023 | 12:09 | C. de Sanidade

O DOG publica a oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde con máis de 1.200 prazas

A OPE do Sergas de 2023 contempla 168 prazas de persoal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos

22/11/2023 | 11:33 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 600 empregadas e empregados públicos da Xunta ascenderán de categoría

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia catro procesos selectivos de promoción interna