Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia con 1,6 M€ a continuidade do centro mixto de investigación da Universidade da Coruña, Navantia e STGO para avanzar no estaleiro do futuro
Esta alianza en materia de I+G+i é a máis lonxeva das que leva apoiado o Goberno autonómico desde 2014 cun investimento de máis de 4,6 M€
A Xunta ofrece ao Estado os 4,8 M€ do programa de auxiliares de conversa para que asuma directamente a incorporación destas persoas o próximo curso
Román Rodríguez remite unha carta á ministra de Educación na que pon á súa disposición os fondos autonómicos que a Consellería destina cada curso a esta iniciativa como “única vía” para asegurar a súa continuidade nas aulas galegas
A Xunta amosa en Val do Dubra os oficios tradicionais da elaboración de zocos e de pandeiretas a través do proxecto Artesanía na Escola
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CPI de Bembibre e o CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera, de Portomouro, para facer demostracións da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas
A Xunta recoñece o traballo de 21 centros e unha aula hospitalaria en prol da convivencia escolar e a inclusión
Román Rodríguez sinala estes ámbitos como prioritarios nas políticas educativas do Goberno galego e destaca as iniciativas que se están a lanzar ao respecto
Rueda anuncia o novo Plan para o impulso da atención á diversidade que inclúe o reforzo e consolidación de 400 especialistas de apoio
Salienta que este Plan, que entrará en vigor o vindeiro curso, contará “cun orzamento de 118 M€” ata 2030
A Xunta busca atraer 40 investigadores posdoutorais internacionais a Galicia co novo programa Talentgal
Abre a primeira convocatoria desta iniciativa estratéxica de captación e consolidación de talento investigador para os centros de investigación da Rede CIGUS
A Xunta destina preto de 200.000 € a un novo programa educativo para concienciar á comunidade escolar galega en materia de economía circular
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático adxudica o servizo para deseñar e desenvolver esta iniciativa pedagóxica durante o curso 2026-2027 co obxectivo de chegar a un total de 250 centros de educación primaria de toda Galicia
Román Rodríguez participa en Ribadeo na presentación da Fundación Sergio Villar e na Festa das Cruces
O conselleiro de Educación asiste ao acto no que se dá a coñecer a entidade, que colabora coa Xunta no programa ‘Acordamos Convivir’, e aos actos de inicio da romaxe
A Xunta saca a contratación un novo paquete de 22 obras en centros educativos por máis de 5 M€
Eleva así a 38 as novas actuacións impulsadas este ano ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, cun orzamento de máis de 21 M€