Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.125 novas da área temática Infraestruturas:

27/05/2026 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 1,1 M€ a construción dunha senda peonil e ciclista de preto de 2,4 quilómetros na PO-841 ao seu paso polo concello da Estrada

O novo itinerario, que será cofinanciado con fondos europeos FEDER, busca facilitar os desprazamentos seguros de peóns e ciclistas neste treito entre o núcleo da Estrada e o polígono industrial de Toedo

26/05/2026 | 11:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda avanza que a primeira fase de desdobramento da futura autovía Brión-Noia estará en funcionamento ao longo do 2027

O Goberno galego inviste 11,2 M€ nos traballos nestes primeiros 4,9 quilómetros para que a nova infraestrutura conte con dous carrís de 3,5 metros por sentido

24/05/2026 | 10:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 35 M€ a execución das obras do último treito da autovía entre Lugo e Sarria

Trátase de actuar nun treito de 13,5 quilómetros, que se inicia na glorieta de Nadela e finaliza no enlace da Pobra de San Xiao, xa en servizo

23/05/2026 | 20:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca nos Premios Gran de Area 2025 o papel da arquitectura como ferramenta para construír unha Galicia máis habitable, sostible e cohesionada

A conselleira puxo en valor a excelencia dos proxectos premiados, que combinan innovación, respecto polo patrimonio e compromiso coa mellora da calidade de vida da cidadanía

23/05/2026 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue avanza a licitación este luns das obras de urbanización da rúa Serra de Meira en Lugo cun investimento da Xunta de 1,1 M€

A obra permitirá ampliar e mellorar o viario entre as glorietas de Serra de Meira e da avenida Adolfo Suárez, creando un espazo máis seguro, accesible e integrado no barrio

21/05/2026 | 15:36 | C. do Medio Rural

Medio Rural mellorará servizos básicos no núcleo de Dacón, en Maside, para contribuír á fixación de poboación

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde desta localidade ourensá, José Manuel Iglesias  

19/05/2026 | 16:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda apela á unión das comunidades do noroeste ante retos como as infraestruturas ou o modelo de financiamento autonómico

Lamenta que a AP-9 siga sendo unha das autoestradas coas peaxes máis altas e todos os atrasos acumulados no debate para a súa transferencia

18/05/2026 | 18:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 760.000 € ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na estrada LU-862 ao paso polo Concello de Viveiro

A Administración autonómica licita este contrato, cofinanciado con fondos europeos FEDER, para intervencións de calmado de tráfico, pavimentación do firme e creación dunha glorieta nesta estrada autonómica

18/05/2026 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de prolongación da autovía AG-59 fan necesario o corte de tráfico no enlace da Ramallosa durante seis semanas

Con este corte están pechados ao tráfico tanto o ramal de entrada como o de saída á autovía AG-59 neste enlace da Ramallosa, e a circulación desvíase a través do enlace dos Verxeles

18/05/2026 | 15:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes