Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 334 novas da área temática Xuventude:

19/03/2024 | 14:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de que a xuventude se involucre en proxectos que mesturen crecemento económico e sustentabilidade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, clausurou hoxe a presentación do proxecto Atlic, beneficiario do programa Interreg e que aproveita as oportunidades da economía azul

13/03/2024 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 60.000 € en melloras de instalacións municipais no Porriño

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a localidade para coñecer o resultado das accións executadas no marco de distintas liñas de axudas aos concellos

09/03/2024 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

Unha vintena de equipos participan na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove 2024 na categoría de ESO

Preto dun centenar de estudantes competiron nesta fase, na que o tema do debate foi ‘Os estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?’

05/03/2024 | 15:01 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recibe a unha vintena de mozos xaponeses que participan no programa ‘A Xuventude no Mundo’

Desde a posta en marcha desta iniciativa, no ano 2010, beneficiáronse deste programa máis de 300 mozos

03/03/2024 | 16:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e a Fiscalía Superior de Galicia traballan en seguir mellorando o sistema de protección á infancia e adolescencia

A conselleira en funcións de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo esta semana unha reunión de traballo co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes

01/03/2024 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Alumnado do instituto IES Monterroso de Lugo coñece experiencias de éxito a cargo de xente moza cos ‘Obradoiros Talento Mozo’ da Xunta de Galicia

O obxectivo do programa é dar visibilidade á capacidade, innovación e creatividade que ten a xuventude galega e que os estudantes teñan referencias que lles sirvan de inspiración

29/02/2024 | 18:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a implicación das oficinas de atención ás vítimas na loita contra o acoso e ciberacoso escolar

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, expuxo hoxe no evento ‘Xustiza dos coidados’ previo á conferencia sectorial da Administración de Xustiza as medidas da Xunta incluídas no ‘Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso’

29/02/2024 | 12:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller

Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes a prol da igualdade entre mulleres e homes

27/02/2024 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta difunde experiencias de éxito entre o alumnado do instituto IES de Viós de Abegondo

Julio Martínez Rumbo, director de proxectos de Bioga, e Sara González Iglesias, terapeuta ocupacional, trasladaron aos estudantes as súas experiencias e responderon ás súas dúbidas sobre oportunidades formativas e laborais
 

27/02/2024 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o impulso ao emprego xuvenil para construír a Galicia do futuro cun mercado de traballo aberto, accesible e sen fronteiras

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na apertura da Feira de Emprego InCampus da Universidade de Vigo