Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa de que mañá martes se mantén a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra
Ademais, a alerta amarela afectará as zonas do noroeste, interior e suroeste da Coruña, á montaña de Ourense e ás Rías Baixas
Extinguido o conato de incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín que afectou o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
O lume rexistrouse na parroquia de Randín e afectou unha superficie de 0,3 hectáreas de monte arborado dentro do Parque
Activo un incendio forestal no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira
Segundo as últimas estimacións provisionais, este lume supera as 20 hectáreas de superficie afectada
Estabilizado un conato de incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
O lume rexístrase na parroquia de Randín e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 0,3 hectáreas dentro do Parque
Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura
Sitúa á comunidade como un territorio atractivo para investir, grazas á vantaxes como a estabilidade institucional e o apoio da Administración aos proxectos estratéxicos
Rueda destaca que a futura Lei de loita contra os incendios forestais priorizará a protección da poboación e unha xestión estratéxica do territorio
O Goberno galego analiza o texto que mañá será remitido ao Consello Forestal de Galicia
A Xunta amplía o cribado poboacional do cancro de cérvix ás mulleres de 30 anos e ás de 25 a 29 anos que non dispoñan dunha pauta de vacinación axeitada
Rueda salienta que “seguimos impulsando os cribados como mellor xeito de previr enfermidades graves” e apunta que o obxectivo é chegar a “76.000 mulleres máis desde agora, que xa empeza o ofrecemento deste cribado, ata o ano 2030”
Rueda anuncia que a Xunta abre o concurso de 153 dereitos mineiros no que exixirá ás empresas que deixen o maior retorno económico no territorio
Salienta que se convocan 126 permisos de investigación e 27 concesións de explotación en xacementos xa existentes
A Xunta licitará nos vindeiros días a restauración do retablo maior da igrexa de Santa María de Arbo
A actuación, que conta cun orzamento de 90.600€, centrarase en reparar as alteracións provocadas polas humidades e por outros retoques anteriores