Actualidade
Buscador de novas
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de dous quilómetros de ríos de Vedra e A Estrada
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante preto de catro semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta anuncia que os concellos que conten cun Plan local de acción polo clima terán prioridade na concesión de axudas públicas nesta materia en 2027
Ángeles Vázquez reitera o compromiso autonómico no apoio ás administracións locais para avanzar cara a municipios máis limpos, máis verdes, apostando pola mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a xestión responsable dos recursos
Augas de Galicia executa o mantemento fluvial de 1,5 quilómetros do río das Mestas en Valdoviño, Cerdido e Cedeira
A delegada territorial, Martina Aneiros, supervisou os traballos, que consisten na retirada de árbores caídas e biomasa da canle fluvial
A Xunta completa e entrega ao Concello de Betanzos a obra de mellora do abastecemento no municipio
Cun investimento total de 1,8 millóns de euros, os traballos executados optimizan o funcionamento da planta e a produción de auga potable coa calidade e cantidade necesarias para dar servizo a máis de 15.600 persoas
A Xunta avoga pola anticipación e a planificación adaptativa na xestión dos recursos hídricos nun contexto marcado polo quecemento global
Tras sinalar que os extremos climáticos relacionados coa auga son cada vez máis frecuentes, Ángeles Vázquez incide en que xa non se poden tomar decisións en base só a datos históricos senón que hai que adiantarse para reforzar a resiliencia hídrica
Manuel Pardo subliña os máis de 940.000 € que a Xunta destina a 23 concellos ourensáns para reducir as infiltracións nas redes de saneamento
Manuel Pardo supervisou o estado das obras para a rehabilitación de colectores con infiltracións e de dixitalización de infraestruturas de saneamento, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 45.000 euros, ao abeiro desta orde de axudas no ano 2025
A Xunta e o Concello de Baiona destinarán 2,7 M€ á modernización da estación de tratamento de auga potable municipal para atender a máis de 30.000 persoas
Tras lembrar que esta infraestrutura foi construída nos anos 90, Ángeles Vázquez salienta que a actuación prevista permitirá resolver as limitacións da ETAP, mellorar a calidade da auga e ampliar nun futuro a súa capacidade de tratamento
O Goberno Galego avanza na transición enerxética da comunidade a través dunha nova convocatoria de axudas para minimizar as perdas de auga
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou no Concello de Fene as actuacións realizadas grazas ás axudas de Augas de Galicia
A Xunta avanza na dixitalización da xestión da auga cun investimento de preto de 5 millóns de euros para facer máis eficientes e sostibles os servizos municipais
Ángeles Vázquez indica que o Plan de dixitalización impulsado por Augas de Galicia beneficia a arredor de 150.000 galegos, que dispoñen dunha subministración máis fiable e unha xestión máis eficaz deste recurso
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta que recibirá o Concello de Frades para modernizar a súa potabilizadora municipal cun investimento de ao redor de 600.000€
A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Frades e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio mentres que o alcalde lle trasladou as necesidades do seu concello