Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.620 novas:

17/09/2026 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asiste aos actos de celebración da festividade da patroa de institucións penitenciarias Nosa señora da Merced no Centro Penitenciario de Teixeiro

A Xunta de Galicia mantén diferentes liñas de colaboración con Institucións Penitenciarias, entre as que destacan os Equipos de Inclusión Nelson Mandela, que forman parte da Rede de Equipos de Inclusión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

17/09/2026 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada aos concellos de Oroso, Tordoia, Trazo e Santiago os bos datos da evolución da calidade da auga tras o vertido ao río Bustelo e confirma que non se prevén afectacións ao abastecemento

Roi Fernández explica que os resultados analíticos máis recentes desbotan, polo momento, a chegada de puríns á ETAP que dá servizo a Santiago de Compostela e que os valores de elementos contaminantes se sitúan moi por debaixo do limiar límite empregado como referencia para o bo estado das masas de auga

17/09/2026 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 6,5 M€ as obras dos 50 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos en Lugo

A Xunta está a promover estes aloxamentos compartidos como solución habitacional para impulsar a emancipación da mocidade, de xeito que se ofrecerán en alugueiro accesible de xeito temporal

17/09/2026 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha un proxecto piloto para mellorar a recollida separada de residuos a través do acceso con identificación aos contedores

Ángeles Vázquez incide en que ademais de reciclar máis, hai que reciclar mellor e para conseguilo é preciso informar, concienciar e implicar á cidadanía

17/09/2026 | 14:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o papel das empresas instaladoras para trasladar a eficiencia enerxética aos fogares

A feira está organizada por Aúna Distribución, unha das principais centrais de compras e servizos en España especializada neste mercado, que agrupa 89 empresas distribuidoras cun volume de negocio superior aos 2.100 M€

17/09/2026 | 14:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia renova o seu apoio á Ribeira Sacra Cycling para dinamizar o turismo deportivo en Ourense

A Xunta mantén a colaboración coa Deputación de Ourense a través dun convenio que estende as probas de BTT, cicloturismo e trail a toda a provincia

17/09/2026 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel estratéxico do novo centro de BorgWarner como motor da mobilidade sostible e da captación de talento investigador

Subliña que este centro de investigación de vangarda, de máis de 5.000 m² no parque empresarial Porto do Molle, consolida a rexión como un polo tecnolóxico de referencia

17/09/2026 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta desenvolve unha estratexia integral de restauración ambiental nas Illas Cíes, Ons e Sálvora para mellorar a conservación dos seus hábitats

Estas accións enmárcanse no proxecto LIFE Insular, que busca definir e implementar unha estratexia integrada para a xestión sostible dos hábitats insulares, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático

17/09/2026 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dá a coñecer o seu servizo Quérote+ aos estudantes universitarios ao inicio do curso

O Goberno galego dispón mesas informativas e desenvolve obradoiros sobre as relacións de bo trato nos sete campus da comunidade