Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 590 novas da área temática Auga:

24/03/2026 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias lembra que as entidades veciñais poden solicitar as axudas da Xunta para mellorar infraestruturas ata o 20 de abril

O delegado territorial de Lugo explica que se destinan 3 millóns de euros a apoiar iniciativas das asociacións de veciños e de mulleres rurais e das comunidades de usuarios de augas

23/03/2026 | 19:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Vilanova de Arousa analizan vías de colaboración en cuestións vencelladas co saneamento da auga e a xestión do litoral

Ángeles Vázquez e Gonzalo Durán avaliaron a situación do proxecto para a mellora do saneamento municipal -que beneficia tanto a Vilanova como a Cambados-, no que se están a definir as posibilidades de financiamento de cara á execución das obras

21/03/2026 | 09:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Laracha avalían a inclusión da senda de Xermaña a Caión no camiño do litoral

A conselleira e o rexedor tamén analizaron outras cuestións de interese para o municipio, como a mellora do servizo de saneamento

20/03/2026 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 2 km en varios ríos no concello de Ribeira

As tarefas que executa Augas de Galicia prolongaranse durante máis de tres semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

18/03/2026 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
17/03/2026 | 15:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca o compromiso da Xunta con mellorar o saneamento en Vilagarcía de Arousa cun investimento de 43,2 M€

Asegura que o obxectivo é dotar ao municipio dun sistema de depuración “á altura” que dea servizo “a veciños, industria” e turistas

16/03/2026 | 16:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta en Bruxelas as iniciativas postas en marcha pola Xunta para converter Galicia nunha comunidade líder en acción climática

Pon en valor a aprobación da Lei do clima, que ademais de dotar de seguridade xurídica á loita contra o cambio climático, contribuirá a que Galicia sexa neutra en emisións en 2040, dez anos antes do obxectivo proposto pola Unión Europea

10/03/2026 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Porto do Son avalían vías de colaboración para mellorar as redes de saneamento e abastecemento municipais

Os Executivos galego e local vanse coordinar para elaborar un proxecto co obxectivo de conectar os núcleos de poboación que quedaron fóra do sistema de saneamento á nova estación depuradora de augas residuais

09/03/2026 | 15:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Mondariz mellora o abastecemento de auga potable do lugar de Boente (Gargamala) grazas a unha axuda da Xunta de 30.000 euros

Instaláronse máis de 500 metros de canos que permitirán dar servizo a 12 domicilios

09/03/2026 | 15:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Malpica de Bergantiños destinarán 1,25 M€ á mellora do saneamento coa construción dunha EDAR no lugar de Beo

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, financiará o 80% do proxecto, mentres que o 20% restante correspondería á Administración local