Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.300 novas da área temática Forestal:

09/06/2026 | 16:04 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo destaca o impulso da Xunta á modernización de ebanistería Vicente de la Fuente con máis de 102.000 € con novos equipos máis sostibles que incrementan a súa capacidade produtiva

A representante do Goberno autonómico destacou as novas convocatorias da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), que mobilizarán máis de 16 millóns de euros a través das liñas XERA Valor, XERA Tecno e XERA Savia, orientadas á modernización, innovación, formación e valorización do sector en concorrencia competitiva pendentes de resolver

09/06/2026 | 15:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural acomete traballos de prevención de incendios en máis de 60 hectáreas do distrito forestal IX Lugo - Sarria

A conselleira María José Gómez comprobou hoxe as tarefas que se están levar a cabo no concello do Incio, así como nos municipios de Friol, Lugo e Samos, cun investimento superior aos 400.000 euros

09/06/2026 | 13:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 1,5 M€ á reforma e mellora do centro de sementes forestais de Galicia

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe as obras que se están realizando nas súas instalacións de Carballo

05/06/2026 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta mobilizará máis de 2,1 M€ no período 2025-2027 co Plan de conservación dos recursos xenéticos agrarios

Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, na súa comparecencia, a petición propia, na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre este programa

05/06/2026 | 13:11 | C. do Medio Rural

Medio Rural inaugura no viveiro público dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal e por un grupo de estudantes, percorreu o itinerario no marco do Día Mundial do Medio Ambiente

04/06/2026 | 13:30 | C. do Medio Rural

Medio Rural participa no proxecto europeo CILUMES Interopera para mellorar a resposta ante os incendios forestais na fronteira con Portugal

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, asistiu hoxe á primeira xornada técnica desta iniciativa transfronteiriza que lidera a Junta de Andalucía, a cal se presentou onte en Sevilla

03/06/2026 | 15:49 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a formación sobre o uso da aplicación informática XESBIO2, empregada na inspección das faixas secundarias

A xornada estivo orientada a técnicos e axentes, que utilizarán tamén esta ferramenta para facilitar así o tratamento de datos de xeito conxunto, tanto desde a Consellería, como mediante Seaga e os propios concellos

02/06/2026 | 18:14 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza coas mesas de diálogo co persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios

Nestes procesos de negociación, iniciados o pasado mes de abril e que aínda continúan abertos, estanse abordando melloras concretas sobre as condicións de traballo dos técnicos, axentes medioambientais e bombeiros forestais

01/06/2026 | 17:36 | C. do Medio Rural

Martín Martínez Abal, novo director xerente da empresa pública Seaga

Nado en 1977, conta cunha ampla formación no eido forestal, con titulacións en enxeñería técnica forestal, especialidade en industrias forestais, pola Universidade de Vigo; e enxeñería de montes pola Universidade de Santiago de Compostela