Prorrógase automaticamente en PortaX e ata o 11 de abril a autorización COVID-19 referida ao teletraballo

31/03/2020

Seguindo instrucións da Dirección Xeral da Función Pública comunícase que se vai proceder no Portal do Empregado - PortaX á prórroga automática da autorización expresa COVID-19 referida ao teletraballo ata o 11 de abril do 2020, sen que sexa necesario que cada empregado/a público/a o solicite expresamente, segundo á modificación da duración das medidas temporais establecidas na Instrución conxunta do 13 de marzo da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública para a aplicación dos apartados quinto e oitavo do protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus.