Que necesita para teletraballar?

Para teletraballar na Xunta de Galicia vai ser necesario dispor de:

  • Un teléfono de contacto, a onde desviar o teléfono da oficina ou onde se lle poida localizar
  • Un equipo informático suficiente para o acceso a internet
  • Un acceso remoto seguro (VPN), para dispor dos recursos da rede interna da Xunta de Galicia
  • Acceso remoto ao escritorio do posto de traballo, para dispor dos recursos do posto de traballo da oficina
  • Certificado dixital, se vai asinar documentos ou utilizar un servizo que así o requira. É válido o certificado de empregado público ou outro certificado recoñecido (FNMT…)

Nos distintos apartados desta sección "Teletraballar na Xunta de Galicia" facilítase información sobre como solicitar e como configurar as ferramentas necesarias, así como os principais recursos aos que se pode acceder. 

Coa información dispoñible na páxina "Como conectarse á rede da Xunta?" poderá acceder á intranet corporativa onde atopará información máis ampla no apartado https://intranet.xunta.gal/teletraballo.

Só con dispor de acceso a internet xa pode acceder a moitas das ferramentas básicas de uso cotiá na xornada de traballo ordinario, como é o caso do correo corporativo, o portal do empregado PortaX e o portal de axuda AxudoT, así como outras ferramentas transversais ou específicas da súa área de traballo.