Recomendacións de ciberseguridade

No desempeño do teletraballo é importante seguir unha serie de recomendacións de ciberseguridade co fin de protexer a información e os servizos dos riscos que se poden xerar.

Os medios de protección dun equipo fóra das instalacións do organismo poden ser menores que cando se está dentro do perímetro de seguridade do organismo.

Se está conectándose á rede corporativa da Xunta de Galicia e accedendo ao equipo do seu posto de traballo desde o persoal, teña en conta estes consellos:

  1. Acceda desde unha conexión a internet de confianza.
  2. Utilice as ferramentas corporativas postas a disposición pola Xunta de Galicia para o traballo remoto, evitando utilizar plataformas alleas que poderían implicar riscos de seguridade (técnicos e normativos).
  3. Acceda á rede corporativa e ao equipo do seu posto de traballo só durante a xornada laboral. Evite, polo tanto, que a conexión quede aberta fóra dela ou cando non sexa necesario o seu uso.
  4. Manteña actualizado o seu equipo informático persoal. Execute todas as actualizacións de seguridade e dos programas que utilice no seu equipo. Tamén debe contar con un antivirus instalado e permanentemente actualizado.
  5. Siga unhas pautas seguras cando navegue por internet, para así evitar a infección do equipo.
  6. Protexa o seu equipo cunha contrasinal para evitar accesos non desexados.
  7. Mentres utiliza a conexión corporativa recorde que non debe, simultaneamente, realizar co mesmo equipo actividades alleas ás propias do traballo (por exemplo acceder a páxinas web non relacionadas coa actividade, executar aplicacións ou abrir documentos que non sexan corporativos...).
  8. Sempre que sexa posible, non copie información no disco local do ordenador que se estea utilizando na casa. O recomendable é conectarse por escritorio remoto ao ordenador do traballo e seguir almacenando toda a información nos repositorios corporativos habituais.
  9. No uso do correo electrónico lembre estar alerta ante calquera correo sospeitoso. En caso de recibir algún con estas características siga estas pautas:
    • Non faga clic en ningunha ligazón
    • Non abra os ficheiros adxuntos
    • Non introduza credenciais (usuario ou contrasinal) en páxinas de dubidosa lexitimidade. Fíxese ben que na dirección que se mostra na barra de navegación se use o protocolo seguro HTTPS e verifique o certificado asociado á páxina web.
    • Verifique o campo "de" do correo e comprobe cal é a dirección de correo do remitente, máis alá do "alias" que empregue. En caso de dúbida, recoméndase chamar ou contactar previamente co remitente para confirmar a lexitimade do correo.
    • Sospeite, en xeral de:
      • correos con faltas de ortografía ou outros erros de redacción, así como calquera outro elemento sospeitoso
      • ligazóns curtas ou daquelas nas que, ao pasar o punteiro do rato por riba delas, apunten a una dirección que non sexa coñecida ou de sitios web da Xunta de Galicia
  10. Ante calquera dúbida, se cre que puido ser vítima dun correo fraudulento ou no caso de querer comunicar un incidente de seguridade informática póñase en contacto co seu Centro de Atención ao Usuario (CAU) de referencia (aquel co que contacte habitualmente)