Atención a persoas usuarias

O Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza (CSU) encárgase de dar soporte funcional e técnico ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. A prestación deste servizo implica:

  • Soporte funcional das aplicacións. Resolve incidencias xeradas polo uso das aplicacións informáticas, atender peticións e suxestións de melloras nas aplicacións, formación a usuarios, consultas ou dúbidas funcionais, queixas etc.
  • Soporte técnico. Resolve incidencias ou problemas técnicos coas aplicacións ou funcionalidades concretas, incidencias derivadas da instalación de novas revisións, consultas ou dúbidas respecto ao acceso as aplicacións etc.

Pode contactar co CSU a través dos seguintes medios:

Servizo de gardas

  • Teléfono: 981 546 200
  • Horario de soporte días laborables: 20.00 a 7.30 horas
  • Fin de semana e festivos: 24 horas

Para facer máis eficiente e eficaz o soporte, pode enviar un correo a soporte.xustiza@xunta.gal indicando a súa dispoñibilidade horaria e así planificar unha cita onde recibir a asistencia que precise nas mellores condicións.