Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.096 novas da C. do Mar:

23/07/2025 | 15:40 | C. do Mar

Marta Villaverde anima desde Ribadeo ás peixerías a adherirse ao Bono Peixe, destacando que un terzo das existentes xa o fixeron

En tan só doce días sumáronse uns 500 establecementos a esta iniciativa, coa que a Xunta pretende mobilizar 10 millóns de euros e beneficiar a unhas 150.000 persoas

23/07/2025 | 15:34 | C. do Mar

Galicia valora positivamente o recurso do Estado contra a sentenza que avala o veto ao palangre demersal en 87 zonas do Atlántico Nororiental

Este paso abre a porta á participación da Xunta no procedemento, algo no que xa están traballando os servizos xurídicos autonómicos, co obxectivo de aportar información de carácter técnico que permita reforzar as posibilidades de éxito

22/07/2025 | 21:04 | C. do Mar

Villaverde destaca a xouba como un dos emblemas da calidade, versatilidade e sabor excepcional dos produtos pesqueiros de Galicia

A responsable autonómica puxo en valor a contribución da cita gastronómica á promoción do consumo dos alimentos do mar cunha traxectoria de tres décadas dedicadas a divulgar a cultura mariñeira da localidade

22/07/2025 | 15:38 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

Galicia pon en marcha o primeiro laboratorio dixital de innovación costeira atlántica que impulsa e difunde a economía e o patrimonio cultural marítimos

As Consellerías do Mar e Facenda desenvolveron a plataforma web desta iniciativa pioneira que actúa como ponte entre o coñecemento técnico, políticas públicas e a acción local

18/07/2025 | 16:23 | C. do Mar

Marta Villaverde e Anfaco abordan os principais retos da industria conserveira

O correcto etiquetado dos produtos veganos de imitación e a exclusión do atún do Acordo de Libre Comercio con Tailandia, asuntos abordados no encontro institucional

18/07/2025 | 16:05 | C. do Medio Rural; C. do Mar

A Xunta convocará os axentes do sector primario para facer fronte común diante das novas políticas europeas para o rural e o mar

A titular de Medio Rural explicou que se trata de xuntar esforzos para defender, unha vez máis, que a nova PAC non pode perder nin a súa natureza nin fondos, e que debe responder ás necesidades do sector primario galego

18/07/2025 | 13:23 | C. do Mar

A Xunta de Galicia licita por 218.000 euros as obras da segunda fase da dragaxe do porto de Cariño

Os documentos e pregos do procedemento están dispoñibles desde hoxe na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia