Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.803 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

21/01/2026 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta renova a colaboración coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños para a xestión e atención dos exemplares que varan na costa galega

O acordo garante a asistencia inmediata, recuperación e estudo daqueles que chegan ao litoral co obxectivo de facilitar a volta ao medio natural dos que están vivos e coñecer as causas de falecemento dos que recalan mortos

20/01/2026 | 14:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta analiza cos gandeiros as necesidades e preocupacións no desenvolvemento da súa actividade

Os responsables do Executivo galego comprometéronse a realizar distintas xestións no ámbito das súas competencias e a manter xuntanzas a nivel institucional co fin de buscar, na medida do posible, solucións a esas cuestións

20/01/2026 | 12:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou en 2025 o cuarto ano máis cálido das últimas seis décadas

Ángeles Vázquez explica que 2025 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e moi húmido

17/01/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Teo completan a renovación da rede de abastecemento na rúa Loureiro, que garante a calidade do subministro a máis de 200 familias

A obra, financiada ao 100% por Augas de Galicia, consistiu en substituír a condución da traída na rúa Loureiro para poñer fin aos cortes puntuais que sufría esta zona

16/01/2026 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 96.500 € á mellora das instalacións de nove comunidades de usuarios de augas de Ponteareas

O delegado territorial destacou a importancia do traballo que levan a cabo os voluntarios e voluntarias das agrupacións

16/01/2026 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoiou ás comunidades de usuarios de augas con 2,44 M€ desde 2020 para a mellora das súas instalacións

Ángeles Vázquez avanza que nas vindeiras semanas se publicará unha nova convocatoria destas axudas por un importe de 500.000 euros

16/01/2026 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia os certames caninos que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras, coa participación duns 1.600 exemplares de 140 razas

A Delegación Territorial albergou a presentación da 115ª e 116ª Exposición Nacional e a 52ª Exposición Internacional Canina

15/01/2026 | 17:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Manzaneda avalían vías de colaboración para desenvolver distintas actuacións de abastecemento no municipio

O Goberno local remitirá ao Executivo galego memorias técnicas dos proxectos propostos para avaliar a posibilidade de apoialos técnica e economicamente

15/01/2026 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Martina Aneiros anima ós propietarios particulares a solicitar as axudas da xunta para a corrección de impactos paisaxísticos a partir do 16 de xaneiro

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca por sexto ano consecutivo esta orde de subvencións que este ano contan cun orzamento de dous millóns de euros

15/01/2026 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Meaño investirán case 82.000 € na mellora do saneamento no lugar de Abuín

Os traballos, que se prevé que poidan comezar este mesmo ano, inclúen a colocación dunha nova condución duns 350 metros, a substitución de colectores antigos por un novo e de maior capacidade e a construción de pozos de rexistro impermeabilizados