Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez pon en valor o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural como un recoñecemento de referencia dentro do sector agrogandeiro galego
A conselleira do Medio Rural participou no acto de entrega deste galardón á empresa Bico de Xeado, da cal destacou a súa aposta pola innovación e pola transformación do leite desde Galicia nun produto de alto valor
A Xunta destaca o liderado de Galicia no sector primario a nivel nacional
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou hoxe na xornada técnica `A granxa do futuro, xa é presente´, organizada por GEA e Bioprana e celebrada na Gandaría Pastora, en Muxía
A Xunta destina no período 2025-2026 máis de 82.000 € a apoiar o concello de Melide na mellora dos seus camiños rurais
A conselleira María José Gómez visitou esta tarde actuacións realizadas neste municipio ao abeiro do Plan Camiña Rural do seu departamento e destinadas á adecuación do acceso ao lugar de Lobeiro, na parroquia de Maceda
A Xunta e o Concello de Viveiro avanzan na mellora das infraestruturas rurais deste municipio
A conselleira María José Gómez reuniuse esta semana coa alcaldesa da localidade, María do Carmen Gueimunde, para abordar a cooperación no relacionado coa adecuación e posta en valor dos seus camiños rurais, entre outros asuntos
Rueda reafirma o apoio da Xunta ao sector primario nun momento clave e aposta por impulsar medidas para seguir fortalecéndoo
Lembra que o Goberno galego asinou un documento de consenso coas organizacións profesionais agrarias Asaga e Unións Agrarias para pedir garantías reforzadas ante a entrada en vigor do tratado de Mercosur
Belén do Campo destaca en O Pino a mellora da seguridade viaria coa nova ponte en Domés financiada cun apoio da Xunta de máis de 120.000 €
A delegada da Xunta destacou a importancia deste tipo de actuacións para garantir infraestruturas máis seguras e adaptadas ás condicións climáticas actuais
A Xunta e O Pino colaboran no fomento da mobilidade de terras e a mellora dos camiños rurais do municipio
A conselleira María José Gómez reuniuse esta tarde co alcalde desta localidade, Manuel Taboada, para avanzar nestes e noutros asuntos de interese para o agro deste concello
Medio Rural salienta o récord de produción de mel de calidade certificada e compromete un reforzo á súa promoción
A conselleira do Medio Rural participou hoxe nunha mesa redonda dentro da programación do acto de presentación da nova imaxe de marca Da IXP Mel de Galicia, o selo que garante orixe, calidade, identidade e territorio
Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da nova convocatoria do plan Camiña Rural para concellos, dotada con case 19M€
O delegado territorial da Xunta explicou que neste concello a Consellería do Medio Rural destinou máis de 48.000 euros nas obras de mellora de camiños que se están realizando en Arcos e Zadagós,, ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026