Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.901 novas da área temática Áreas temáticas:

30/09/2026 | 15:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura en Ourense unha serie de xornadas orientadas a mellorar a empregabilidade a través de ferramentas prácticas de intelixencia artificial

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na clausura da primeira xornada ‘CompetencIA’, que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

30/09/2026 | 15:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova edición do concurso de imaxes e pezas audiovisuais dirixido aos centros educativos polo Día contra a violencia de xénero

O certame, aberto ata o 10 de novembro, está dirixido a alumnos de Educación Primaria, Secundaria, Educación Especial, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño

30/09/2026 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita o Concello do Corgo pola súa adhesión e presentación de propostas ao proxecto de residencias de maiores da Xunta

Terá capacidade para un centenar de usuarios e complementarase co equipamento previsto no Páramo, de 30 prazas

30/09/2026 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a colaboración co concello de Pastoriza para a creación dunha residencia e centro de día municipais

Fabiola García destacou as achegas do Goberno galego de ata 60.000 euros para impulsar a redacción deste proxecto

30/09/2026 | 15:00 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta recibe o dobre recoñecemento de Fitur como premio á súa aposta pola promoción dun turismo sostible e de calidade

O director de Turismo de Galicia recibiu os premios ao Mellor Stand na categoría de Comunidades Autónomas e ao Mellor Stand Sostible acadados coa proposta de Galicia na última edición de FITUR

30/09/2026 | 14:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa a mellora das infraestruturas turísticas en 35 municipios ourensás de menos de 10.000 habitantes cunha axuda de máis de 1 M€

Manuel Pardo destacou que esta orde de Turismo de Galicia, dotada de 2 M€, ten como obxectivo impulsar e consolidar a oferta turística no rural a través da recuperación, a mellora da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos, contribuíndo a poñer en valor a riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística destes territorios

30/09/2026 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 30.000 euros ao concello de Sober para renovar o alumeado público en oito núcleos

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que o proxecto inclúe a instalación de 83 novas luminarias de alta eficiencia enerxética nos Pacios, As Laxes, O Barrio, Vilastrille, A Pena de Proendos, Sober o Vello, Proendos e Vilela

30/09/2026 | 14:50 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume iniciouse ás 17,02 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 50 hectáreas

30/09/2026 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a rehabilitación do IES Lucus Augusti como unha obra fundamental para o futuro do instituto máis antigo de Galicia

Sinala a complexidade desta intervención polo valor patrimonial do edificio no que se atopa o centro e a necesidade de adaptalo ás necesidades educativas actuais