Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural presenta a campaña “...E Para Comer Lugo” como escaparate internacional da calidade agrolimentaria de Galicia
A conselleira salientou que a iniciativa permitirá difundir a nosa riqueza culinaria a través de 28 produtos, moitos deles con Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe, que serán repartidos durante a Volta Ciclista a España
O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta o Festival ‘Xoldra de Aguiar’ que se desenvolverá no concello de Pereiro de Aguiar
Contará coas actuacións de Pablo Estévez (Maxia), a Agrupación Musical da Limia e Milladoiro
Ourense rexistra máis de 7.000 descargas e 74 establecementos adheridos ao Bono Peixe consolidando a boa acollida a esta acción de promoción do consumo
A conselleira do Mar anima ás peixerías e consumidores a participar nesta iniciativa que ten como obxectivo impulsar a presenza do peixe e marisco fresco na cesta da compra da cidadanía e que suporá a mobilización de 2,5 millóns de euros
O Bono Peixe desperta gran interese no seu lanzamento e acumula máis de 700 establecementos adheridos e máis de 52.000 bonos descargados nas primeiras 24 horas
O gasto ata agora foi tímido ao ser luns e non haber peixe nas lonxas tras o descanso da frota na fin de semana polo que a previsión é que nos vindeiros días se intensifique a utilización destes bonos
A Xunta celebra en Quiroga o sorteo da campaña ‘Merca no teu comercio’ para apoiar o comercio local da contorna
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega dos premios da campaña Merca no teu Comercio impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil
Medio Rural pon en valor a IXP Tarta de Santiago cun acto de promoción na Estación Intermodal compostelá
A iniciativa ten como obxectivo destacar este produto de calidade e o patrimonio gastronómico galego, aproveitando a elevada afluencia de visitantes e peregrinos durante a semana do 25 de xullo, coincidindo coas festas do Apóstolo
A Xunta impulsa en Sanxenxo a comercialización de artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en colaboración coa marca D-Due
Durante os meses de xullo e agosto celebrarase a quinta edición da Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia, na que se poderán atopar pezas de 44 obradoiros artesanais galegos
Medio Rural aproba os cambios que permiten mellorar a calidade dos viños e ampliar o territorio da denominación de orixe Monterrei
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que oficializa a modificación do prego de condicións desta denominación de orixe
A Xunta presenta as campañas do programa ‘O teu comercio local é extraordinario’ impulsadas por cinco centro comerciais abertos da comunidade
Cunha achega do Executivo galego de preto de 200.000 euros, as accións celebraranse entre os meses de agosto e outubro e están impulsadas polos centros comerciais abertos de Ribadeo, Boiro, Ferrol, Marín e Rianxo